20090129
Poema
vinme axigantado naquela carraxe xurásica e elemental,
derrubándome,
aniquilándome a través da exacerbazón de min mesmo,
como un Narciso imbécil,
golpexando a auga teimudamente, insistente,
convencidísimo, sen dilación.
Sorprendinme perdendo a cabeza,
(e a cabeza foi unha pedra maciza ateigada de nervaduras fósiles, dando voltas,
xirando sobre neve ata a avalancha)
e axigantado, enorme, energúmeno,
imbécil,
golpexei a auga teimudamente, insistente,
convencidísimo,
sen dilación,
aniquilándonos.
Poema
A Veiga, Ourense, con catro ou cincos anos.
Viviamos naquela estrana casa enorme de pedra no cumio dun pequeno outeiro que chamaban “o Toural”, dende o que se divisaba a maior parte do pobo, e que no inverno descendiamos sobre a neve nun plástico que o meu pai mercaba para a ocasión. Na pranta de abaixo estaba a consulta do “practicante” e máis abaixo tiñamo-lo desván, cheiño de madeira (aquel maravilloso arume cálido a piñeiro) e papá dábame leña para quecé-la estufa. Arriba, a mamá pranchaba, mentres eu sentía denteira arrabuñando a parede por curiosidade. Aquel chan de madeira e o home que na televisión perdía a cabeza polo buraco do ascensor, algún berro que outro de vez en cando. E nun día gris e silencioso como o aburrimento, eu arañaba cos ollos os vidros dos ventanais, e
os rapaces comezaron a tirar pequenos croios;
ploc! plac! ploc!
-Mamá, queren pegarme!
-Por qué dis eso?, estanche a tirar pedras para que baixes ond´eles.
Cadáver político
Poema
A tarde esvara polo teu lombo,
donda e silente, aberta en horizontes e
alaranxada,
é unha ola de luces sobre a túa pel.
As rúas,
inzadas de neves negras e mesaxes xordas,
inzadas de eco,
serpentexantes sobre a paz para devorala,
esta cidade feita de velocidade,
escorrega polo teu lombo ata desaparecer
mentres
nos teus ollos están a xogar
os peixiños do silencio.
5 vellos poemas
1.
a túa mirada crea contra a miña
un espacio invisible, indivisible,
que se mistura con TODO
coma o mar, amor
amar
o teu mirar é espellismo, suxestión para
alcanzarche o sal,
asaltarche o sangue,
amar, amor
mar
2.
rodan os días coma dados
as horas rodan coma ondas
ata a súa derrota de escuma
e roda a memoria
ata atoparte,
núa,
oásis
3.
redobraba a pedra o teu nome
o silencio preferido
a ferida silenciosa
eras sombras de ti, lendas de ti,
miragres breves
que me deixaches, que me inventei
4.
o teu silencio contra a miña carne,
a túa espiral de luz asulagándome
foron estandartes ante o olvido,
e carne de cañón para a memoria
5.
a tarde
agrisada de lonxanías,
árbores frías,
case liñas rectas ciceladas no silencio
e este banco é o centro do mundo,
o peirao para a túa néboa
Poema
Polo frío chegoume o teu frío,
e axexando pola fiestra
achegábaste ao lonxe.
Abrinlle as portas ó frío
e atopeite nun silenzo,
relocendo como no lombo do mar
e
respirándome.
E alí estou apalpándote,
adentro,
enfriándome.
É un misterio,
coma ti comigo
e o silenzo que nos envolve,
pero así e todo,
síntote preto
ao lonxe.
Poema
O poeta de ollos derrotados en corvos
(este destensado pulso)
que descose a cara na psicose das horas e se adorna o cerebro
con copas de morte,
e percorrendo tanta ausencia no idioma segredo das cunchas
amence no xesto engurrado.
Manoel, vente co teu saco de gaivotas,
co teu ollo de mar, co teu verso ennortado
a reverdecé-la Rosa dos Ventos,
porque a paz está no poema,
todo o demais é loita.
Canción poemada
anónimo animal inevitablemente
ferido,
sangrando silencio,
imperturbable,
quizais un pouco,
cando fronte os espellos
trata de recoñecerse.
Poema
Cando os dados da madrugada remataron de rodar
tres corvos sobre un aramado de cristal
e as borras da paz no vaso vacío da noite
eras unha flor de néboa nos camiños do sol
núa
fuches o altar de sangue para os cálices do frenesí
e o esquecemento das derrotas
adórnate cos colares da lúa
e dancemos embriagados sobre as cinsas do sol
exaculemos a desidia
morramos en paz no colo da caricia
Poema
Aquí, agora, son a ausencia de min mesmo,
deshabitada mente,
habitación de crebadizos espellos.
Adorno a miña nada; esta rosa branca
que se desprega no meu cerebro
ata borrarme da vida ou da súa luz.
Na noite voltaron as bestas
do frío,
as estatuas da vontade desfanse en pó
nun revés
de aire,
nesta noite de metal
texen os seus caleidoscopios
as arañas da memoria.
Poema
Aquí, agora, son a ausencia de min mesmo,
deshabitada mente,
habitación de crebadizos espellos.
Adorno a miña nada; esta rosa branca
que se desprega no meu cerebro
ata borrarme da vida ou da súa luz.
Na noite voltaron as bestas
do frío,
as estatuas da vontade desfanse en pó
nun revés
de aire,
nesta noite de metal
texen os seus caleidoscopios
as arañas da memoria.
Poema
Eles, os jockeys da morte,
van en rostro de neón,
son a pantasmagoría secular,
por avenidas resplandecentes non creron na terra prometida
e sucumbiron ante os anagramas da ilusión.
Poderían ser ou non ser,
de momento, os que están son,
cada día a contrarreloxo para o
pequeno mar na súa vea de vidro.
Eles, os jockeys da desolación,
na lentísima lágrima da cicatriz a pecharse
por nunca xamais.
Post-adolescencia
Estás sentado no chan, contra a parede, a botella na man a modo de oasis, obcecoute o remuíño de naipes que se formou en calquer recanto do silencio, Kurt non te escoita, a próxima chamada telefónica soará coma un estoupido de horas perdidas, xa tes idade para o traballo decente, a muller, os dous fillos, o coche, a televisión, os domingos de fútbol no bar…
Levántaste, tira-la botella contra o espello, chove vidro, decides que non esperarás a que o voitre de Kafka che arrinque os ollos, recordas os bicos de Aira, rompes a chorar, perdíchelo todo, quédanche os teus cadros, a túa pintura, cóase o deserto pola fiestra, colle-lo pincel e mai-la paleta, carga-lo pincel con ocre e espétalo contra da terrible, noxenta, inxénua, vacía pureza da branca tela sen estrear do óleo, desespéraste, unta-lo pincel na enérxica forza do roxo, probas, non che gusta, falta algo, faltas ti, agora sabes o que faltaba nos teus cadros, pos o lenzo no chan, colles un dos anacos do espello, está ben aguzado, féndelo a altura do pulso, rasgas, a carne abríuse mol, case semellaba ter gañas de abrirse, de transpirar, borbollóns de sangue, deixas que se verca sobre o lenzo, deitaste á beira do teu derradeiro cadro e observas como se remata el só…
Ourense
Abala o sol. As laranxas escachadas
e o seu zume desparramado
perdéndose rúa embaixo,
cara ás Burgas.
Remato un par de cervexas, e
os derradeiros lampexos da tarde
atravesan os vidros das botellas
para cristalizaren, tomaren forma,
pois todo aspira teimudamente
á súa concrección inapelable
na intranscendencia da eternidade.
Namentres, escoito a Nick Cave;
a súa voz cavernosa e neboenta,
afiándome a memoria,
afiando as esquinas destas rúas
vertebradas na xoldra da adolescencia
e na perfección da morte.
O néctar este das cervexas,
sangue embaixo diluíndose,
cara a melancolía.
Febreiro, Praza Maior, Madrid
Radiohead.
As sombras despuntan espléndidas
entre a luz do mediodía,
arremuíñanse nesta praza,
liberadas.
Pásanseme centos de ideas pola cabeza,
pero non consigo atrapar ningunha,
fixalas e buscarlle-las sombras
resúltame árduo,
volto entón a recordar os diarios de Kafka.
A voz agudísima de Thom Yorke
encarna o silencio máis puro, no que nada abrolla,
igual que o famoso “Berro” de Münch,
porque a anguria é inaprensible,
inapelable.
Círculo de Belas Artes
Barbieri
Gravediggaz
Nowhere to run, nowhere to hide (atención á fin)
Diary of a mad man (con Killah Priest, e Scientific Shabazz)
1-800 Suicide
20090127
Pete Rock & CL Smooth
O dito, velaquí un exemplo:
N.W.A
Straight outta Comptom
Express yourself
20090126
Gza
"[…] Como artista tes unha voz, ó igual que un político. Tes unha voz e a xente escóitate. E como músico que ten centos de miles de fans, deberías ter algo que contar, algo que alumee ou lle dé poder a outros. […] Así que se non das nada, se te pasa-la vida rimando sobre zapatillas, cadenas, coches… recibes, porque gañas diñeiro, pero non ofreces nada. E iso tamen amosa a limitación da túa metalidade. É importante coñecer determinadas cousas, estar educado en determinadas materias… Incluso aprender unha palabra cada día. Eu fai anos que o fago, e iso é algo que axuda.[…]
Sobre a política dos Estados Unidos
[…] Penso que esta carreira electoral é un espectáculo e non importa realmente quén a gañe, porque vai sé-la mesma cousa a non ser que nós, como pobo, xeneremos un cambio, poñamos os pés no chan e digamos: “Non estamos dispostos a isto”. E ata entón todo será igual. Non importa, porqué, como escoitei fai tempo, é que non se trata de a quén “eleximos”, senon de a quén “seleccionan” eles… Penso que as eleccións axudan nas comunidades pequenas, pero cando falamos de eleccións presidenciais, está apañado. Aliméntannos con mentiras e drogas cada día. Cada día hai unha nova droga na televisión, cos seus efectos secundarios. É como cando ós nenos lles dás un caramelo. Drogas, azúcar… Comida, drogas… ¿Quén se pode fiar deles?"
Jeru the Damaja
House of Pain
Das Efx
El-P
Your modern ways frighten and confuse me
I watch your spirit box with the blinking lights and think
Are those little people trapped in that box? (No, Caveman)"
