20100126

Juan Carlos Onetti, "Confesións dun lector"

Ataque do zombi.



Podo voltar a velo. O torso nú naquel pegañento domingo de vran, aprisoado no seu departamento do barrio Sur de Bos Aires tan mesquiño de espazo que lle apretaba nas sisas e na entreperna. Un habitáculo, non maior que o pozo de Eladio Linacero, onde Iota Carlos Onetti -así prefería o sonido do seu nome-, xacente e silente, era só un home soitario amputado de paisaxes que lía e fumaba indiferente a ese lugar da cidade como a calquera outro do mundo e do universo. Non había moito, tal vez no pasado inverno, axustizara unha novela deliberada que reservaba espazos para ilustracións. Sen solución de continuidade -como din pedantísimos locutores ó anunciar certas pezas de "música clásica"- "o noso home" -tal como se pode ler en textos obsoletos- levántase de súpeto, abalanzándose encol do escritorio de colexial ó que senta. O lombo curvado coma o dun oso sobre a súa presa: un caderno ou uns cantos folios en branco e un fato de lápises con puntas quirúrxicas. O cigarriño fumega esquencido. Atrápame a certeza de que, de seren perturbado, dará a dentada por resposta. Tornara de súpeto nun zombi total porque, cando escribía para el, non existía ninguén: nin o lector nin o crítico nin a familia.


Juan Carlos Onetti, "Confesións dun lector"

Outro obsceno paxaro nocturno.



Certa fusca meianoite, mentres loitaba co insomnio a brazo partido, pero sen fracturas, ouvín un repeniqueo no cristal da miña fiestra. Declareime durminte vencido e espiei; baixo da choiva ou garúa un gran paxaro de presa interrumpía os picotazos para repetir: "Ore, ore, ore...". Non demorei máis dun minuto en recoñecelo e abrir de todo a fiestra. Era o meu amigo da infanza, o vello Never More, única ave inmortal, bendición ou condea da que estaba orguioso aínda que disimulara. Durante a parola, que durou deica a fin da noite, cacarexou unha vez sen escondé-lo trunfo: "Porque, deus e todo, o cisne de Leda nunca morreu por ensumirse. E a laberca de Shelley nunca pasou de pretexto literario. Eu, pola contra, aínda pronunciando o inglés con forte acento de Bowery, tiven bastante con dúas palabras para revivir na memoria e no infortunio dos homes mentres sigan poboando este planeta tantas veces condeado por profetas ou fabricantes de armas. Sen ir máis lonxe..." Non o deixei ir máis lonxe pois, non sendo cobarde, son prudente. Erguín unha man pedindo suspenso, dixen perdón cun sorriso e fun agochando todo-los animais máis ou menos domésticos que me acompañaban na miña soidade. Tornei cos meus anteollos de pesca submarina, asegurados contra dentadas oblicuas de tabeirón e contra "cría corvos que che arrincarán os ollos", e continúou a forzada entrevista que, sen que se decatara o meu visitante, foi grabada na súa totalidade. Entón notei que o corvo tiña manchas verdes nunha á e amarelas noutra. El interpretou a miña ollada e dixo:

-Unha verdadeira estafa de tintureiro. Aseguroume tinxido indeleble e bastou o chubazo para desmentilo.

-¿E por qué quixo tinguirse?

-Ah, esa é outra historia. Despois explícolle.


20100110

Escáneres invérsamente proporcionais








á súa propia función.

Así coma o final do século vinte se caracterizou, entre outras moitas cousas, pola incorporación de detectores de armas en colexos e institutos norteamericanos para evitar “masacres indiscriminadas” (porque as discriminadas teñen un pase, non ofendamos a Israel) levadas a cabo por xoves “desequilibrados” que por casualidade posúen armas de todo tipo; no final do ano 2009 o protagonismo adquiríuno a fabulosa militarización dos barcos pesqueiros europeos que faenan en “augas internacionais“, coa finalidade de evitaren posibles abordaxes de piratas somalís que actúan en ¿costas somalís?...................

Pois ben, recén comezado o ano 2010, o escáner está de moda, sobre todo o “corporal”, grazas principalmente á crecente ameaza aero-terrorista provocada por grupos islamistas radicais que, ademais de seren radicais, non permiten que emprendamos desinteresadas accións bélicas de carácter progresista nos seus territorios. Si, o escáner está de moda, e é moi probable que nos próximos anos, os punteiros laboratorios israelís subvencionados pola “comunidade internacional” rematen por desarrollar implantes oculares “escanantes” (escaneiros, escanísticos?) que nos permitan a todos, ademais de outras vantaxes (:D), a posibilidade de actuar como vixilantes da seguridade mundial. Este feito suporía o aforro dun enorme custo económico e loxístico por parte dos nosos gobernos, e a posibilidade destes de incrementar a inversión armamentística para proporcionarnos aínda máis SEGURIDADE. Nem-bar-gan-tes, isto, tamen arroxaría consecuencias negativas, como por exemplo a máis que probable desaparición da publicación Interviú.



20100108

Erykah Badu

...black panther, intelixente, cachonda, sensible, e preciosa... I want a Erykah in my liiife!!!!...








20100106

Espera.

Esperto coa túa espesa sombra sobre os meus xenitais, e a vertical e punzante ausencia túa entre as febles luces da consciencia, azuis, pálidas. Vago pola casa como recordarte, divago, fago borróns sobre o tempo e o espazo, actúo sen sintaxe. Teño frío, e supoño que a loucura ten moito que ver con isto, con acariñarte no baleiro mentres a obscuridade invade os músculos. Quérote, apretada contra o meu corpo por riba de toda significación, nun puro acto de calor.



B.S.O.

Novas cancións engadidas ó reproductor... The Horrors, Last Shadow Puppets, Velvet Underground, One Day As A Lion, Bob Marley, A Perfect Circle, etc... :]