20090129

Febreiro, Praza Maior, Madrid

Radiohead.
As sombras despuntan espléndidas

entre a luz do mediodía,

arremuíñanse nesta praza,

liberadas.



Pásanseme centos de ideas pola cabeza,

pero non consigo atrapar ningunha,

fixalas e buscarlle-las sombras

resúltame árduo,

volto entón a recordar os diarios de Kafka.



A voz agudísima de Thom Yorke

encarna o silencio máis puro, no que nada abrolla,

igual que o famoso “Berro” de Münch,

porque a anguria é inaprensible,

inapelable.

1 comentario:

Zeltia dijo...

gustoume iso de que a anguria é inaprensible,
inapelable.

veño de dar unha volta polo teu blog,
tiña que vir,
xa van varias persoas que me din que lle puxen ó meu blog o título que xa lle tiñas posto tí...
vaia, vaia,
(xente a quén eu leo e que te lé a tí: doutora Seymour, o Raposo, Maribel-bel...)
pero despois de visto lo visto, non creo que poida haber confusión posible.
o meu blog non deixa de ser unha libreta de desafogos en plan querido diario,
e tí tés un blogazo dun nivelaso
(a mín gústame o cine, pero admito que vin poucas das pelis das que ti falas, e por riba case non entendo nada do que dis! :-(

hai tamén unha moi grande distancia de anos, ainda que non son as distancias dos anos as que separan.

bueno, que saibas que non foi plaxio, se non coincidencia.
imaxineime sendo travis falando co espello, en taxi driver, no momento de expresar as miñas cousas no blog, falando con ninguén, mais ca min mesma.

un saúdo.