Dende Soweto, cun disco autoproducido sobria pero brilante e innovadoramente, nunha áxil e fresca conxunción co sonido dubstep e a crítica antisistema.
Encántame este tema, e o vídeo, que cunha mínima emprega de recursos consigue un acabado perfecto.
Déixovos con outro tema del, anterior, nun vídeo aínda máis minimalista pero que resalta o gran flow deste MC tan persoal.
BANO xa nos deixara un feixiño de pérolas alá polo ano ´97 que "por suposto", foron complétamente infravaloradas pola emerxente, e "sectarísima", parroquia hip-hop estatal do momento. Supoño que agora, 13 ;) anos despois non será moi diferente, i é que, se naquel entón, xa a mesma disgresión formal completamente heterodoxa que o definía supuxo a súa "exclusión", agora, momento no que o xénero está moito máis desarrollado e polo tanto, supostamente, cunha maior capacidade receptiva por parte da súa masa social, atoparase, probablemente, con outra barreira non menos dificultosa, a da ideoloxía. I é que, á mesma evolución formal do xénero como "moda", acompañou unha progresiva incorporación dos valores dominantes na importación norteamericana, derivados sobre todo da súa verquente máis comercial, isto é; competición extrema, egolatría extrema, sobrevaloración das posesións materiais, culto á tecnoloxía, violencia.... BANO é a antangonía de todos istes conceptos, porque, por entre as sólidas e radicais nocións de ecoloxismo e humanismo que manexa, eríxese nunha sorte de "anti-profeta", que a través dunha profunda lírica (por fin, e aínda que moitos o reclaman, atopo algún MC ó que aplicarlle-lo término) traballada sílaba a sílaba, unha enorme dose de sarcasmo, un flow completamente xenuíno e hábil, e unha producción musical impecable, deconstrúe esta sociedade de consumo pola que nós mesmos, consumidores compulsivos, fomos xa consumidos, ensumíndonos en mera flora intestinal, cando non en excremento. Sen máis preámbulos...
No meu recente paso por Ourense o meu irmán Iago descubríume a unha moza francesa coa que aínda teño que poñerme ó día en profundidade, pero que só con esta canción me gañou intensamente, Keny Arkana, 5ème Soleil...
One Day As A Lion é o novo proxecto de Zack de la Rocha, cantante de Rage Against the Machine, no que conta únicamente co batería John Theodore, ex-compoñente de The Mars Volta. A súa primeira publicación consiste nun EP homónimo de 5 temas no que persiste en grande medida o sonido executado por R.A.T.M, se ben a incorporación de arranxes electrónicos e a introducción de teclados, amáis dun maior desarrollo melódico nos estribillos, lle outorgan un carácter moito máis fresco. No que ás letras se refire, Zack segue a ser Zack, non se convertíu en Chris Cornell nesta ocasión ;)
O pasado 2008 trouxo consigo unha morea de discazos de hip hop e algún que outro regreso agardado. Un deles, o de Pete Rock, o mestre, que voltou con "NY´s Finest", un disco que só coa súa autoría ten garantizado todo o demais. Non é un discazo, é un disco de Pete Rock e basta. Beats dos de sempre, boom-baps, scratchs, rimas de bos colaboradores que caen onde han de caer, un par de frivolités para a galería (unha ragga e outra r´n´b, que encima resplandecen), e por si fora pouco, a máis ampla e brillante versión como MC do Dj. Dous temas bastan para que a merca deste CD mereza a pena; "Till I retire" e "Best believe". El sabíao, por iso os xuntou nun mesmo vídeo.
Damas e cabaleiros, with all of you: da tru masta, Mr. Pete rock:
"(...)Over the years seems like I'm gettin' dumber
Reminiscing to a time when I was younger with a hunger
Full of dreams, determination, self-esteem
But now it seems they hesitate to be on my team
You know the routine, when you winnin' and grinnin'
All up in your face, like they was with you from the beginnin'
But on the flipside,
When you washed up like a riptide
Fools clown 'bout how you slipped and let shit slide
Beside the fact
My voice is wack
Clowns is runnin' around, talkin' 'bout I smoke crack
Ain't got no homies that got my back(...)"
Vai! Tómalle algo Fatlip, invito eu... que é Venres.
Ano ´92. Algúns meses despois da virulenta revolta de Los Ángeles derivada do caso Rodney King, Rage Against the Machine irrumpen na escea musical cun dos discos máis combativos e innovadores de finas do século XX, misturando insólitamente o estilo vocal do rap coa contundencia do metal; por outra banda, Ice-T, entón archirecoñecido MC, cunha das máis sólidas carreiras discográficas do Hip-Hop, sae ó mercado con Body Count, unha banda que el describiría como de “speed metal” íntegramente formada por músicos negros, algo que incluso actualmente é difícil de atopar, e que tería unha enorme repercusión ademais de pola tremenda calidade do seu primeiro disco, grazas ó polemiquísimo tema "Cop Killer", inspirado precísamente nos sucesos citados ó comezo.
Ano ´93. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr.
A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular.
O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:
O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.
En "Just Another Victim", Helmet e House of Pain sintetízanse por obra e gracia do turntablism de maneira prodixiosa. O "prodixio" acontece entre o min. 2 e o 2"30´. Encántame esta canción:
En "Disorder", Ice-T deixa entrever as súas cualidades vocais para o Hardcore, e faino xunto a Slayer... unha espectacular a-berra-ción.
Pearl Jam e Cypress Hill? pero esto que é!! pois si, aínda que hai que recoñecer que a man de Pearl Jam se nota pouco, cédenlle inspiración e atmósfera ó, naquel entón, dúo máis macabro e reputado do hip-hop. O resultado é brillante:
"Missing Link": a mellor do disco, nunca o rock puido ser máis hip-hopeiro e viceversa, e encima soar tan ben.
Os mellores Dinosaur JR co por entón debutante Del the Funkyhomosapien (Delthafunk en Deltron 3030 depois, Del a secas, agora)
..."means digging graves of the mentally dead, and it stood for resurrecting the mentally dead from their state of unawareness and ignorance."... ("significa cavar tumbas para os falecidos mentais, e isto conleva resucitar a istes falecidos mentais dende o seu estado de despreocupación e ignorancia"). Frukwan alias The Gatekeeper, danos a clave para abrí-la porta do seu discurso, e, cando dí que os “enterradores” (Gravediggaz) no fondo están desenterrando, non pode ser máis revelador con respecto ás claves que un se atopa cando se detén a escoitar Niggamortis, o primeiro disco deste cuarteto impresionante formado por: Prince Paul alias The Undertaker ós aparatos (membro fundador de Stetsasonic e eminente productor), Too Poetic alias The Grym Reaper (o meu preferido, rapeaba coma se delirase, morrería anos despois víctima dun cancro de colon), The Rza alias The Rzarector (MC, Dj e productor decisivo para o Hip-Hop dos noventa, alma mater de Wu-Tang Clan) e o citado Frukwan. Ise paradoxo é a perfecta descrición do humor negro, negrísimo, que procura a lírica do disco, disco que daría pé á inauguración do “horrorcore” dentro do xénero do Hip-Hop.
Humor negro negrísimo, porque por momentos non hai ningún rastro de bó humor, máis ó contrario, a dialéctica sarcástica dos M.C´s constrúese coa realidade máis brutal e a autocrítica radical, e nese proceso lírico, ás referencias a estados mentais alterados, realidades físicas precarias, e referencias fílmicas do xénero do terror, engádense explícitas vindicacións da Nation of Islam e da súa actual cabeza visible, o extremista Louis Farrakah, así como do grupo Five-Percent Nation, sector fundado por Clarence 13X e escindido do anterior. A intención era clara, como a cita de Frukwan indicaba: espertar á xuventude negra do seu pesadelo fratricida a través da toma de conciencia grupal.
Non sei a cantas mentes captaron con este discurso, pero o certo é que, paralelamente, e falando xa en termos estrictamente musicais, Prince Paul deixaría para a posteridade unha producción extraordinaria; 17 cortes repletos de funk, graves tochos, samples sinistros e cadencias mortuorias, cun par de himnos post-apocaípticos coma “1-800 Suicide” e “Bang your head” que mamei dende os dezasete anos ata o de agora e dos que non me canso.......así quedei......jejeeeejeeejeejeejeeeeejeje!!!!!
Nowhere to run, nowhere to hide (atención á fin)
Diary of a mad man (con Killah Priest, e Scientific Shabazz)
1-800 Suicide
Se tivese que escoller o mellor disco da historia do Hip Hop, está claro que un dos candidatos con maiores opcións ó título, sería o maravilloso The Main Ingredient, de Pete Rock & CL Smooth. Lévoo escoitando dende o ano 96 cando o merquei, e sendo un disco do 94, xa entón, me parecía que soaba innovador. Pero tendo en conta que o Hip Hop é un xénero moi xove xurdido de cheo no apoxeo da electrónica, e que, ó igual que esta, experimentou unha evolución frenética, na que, o que era innovador un ano estaba desfasado ó pouco tempo, aínda me sorprende máis escoitalo cada vez que o recupero da discoteca (que é cada pouco) para abraiarme diante da atemporalidade que atesoura, tan característica das obras mestras.
Este dúo neoiorquino de exigua duración discográfica (este sería o seu segundo e derradeiro disco, despois doutra xoia como "Mecca and the Soul Brother", do 92) acada nesta obra unha simbiose armónica impresionante que nada faría presaxiar as desavenencias que entre os membros surxiran e que rematarían por desfacé-lo grupo tra-la saída do disco.
Pete Rock, un dos dj´s e productores de hiphop máis aclamados e solicitados dende entón, define unhas preciosistas bases sonoras fundamentadas en sampleos de xoias do jazz e do soul ("In the Flesh", "All the places", "Sun won´t come out") para as que crea liñas de baixo dunha elegancia extrema e boombap´s paradigmáticos e, ás que acaba por adornar delicadamente, cunha plástica e altamente efectiva técnica ó scratch ("Carmel City", e "I got a love" e "Tell me", son exemplos mestres neste aspecto).
Sobre esta base, a suave (smooth) cadencia da voz e do fraseo de C.L., o seu fluxo lírico tenue e de engranaxe preciso, encaixa coma unha luva. Se a este aspecto lle angadimos a coidadísima lírica coa que o MC se reivindica, da inhabitual fondura poética que lle aporta ó xénero, pódese falar deste disco como un referente fundamental, necesario, e delicioso.
Na hiphop-teca de hoxe, e á luz dos vergoñantes acontecementos policiais desvelados en Coslada, non podo atopar ocasión máis oportuna para referirme ó grupo de hip-hop (e non só do hip-hop) máis polémico da historia, N.W.A ("Niggaz with attitude", algo así como "Negros encabronados")
Eles destaparon a caixa dos tronos, foron os primeiros en denunciá-los abusos policiais (e maldecilos; Fuck the Police) ós que viñan sendo sometidos nos ghettos da gran cidade (ou polo menos os primeiros en facelo con tal contundencia), neste caso, en Comptom, Os Ánxeles, por parte dunha policía tan neglixente como corrupta.
Pero non só falaban de abusos policiais, falaban de todo un sistema de vida amparado na ilegalidade e os seus violentos mecanismos, que á súa vez estaba inducido por unha abafante carencia de perspectivas e de medios sociais e educativos; e facíano coa máis obscena espontaneidade, sen ningún tipo de cortapisas morais ou estéticas, algo nunca visto anteriormente nas TV Screens da xuventude norteamericana, o cal lles mereceu todo tipo de polémicas e censuras.
O caso é que esa realidade estaba ahí, debaixo da alfombra, pero estaba ahí, e con N.W.A tomaba posición na mesiña do salón de estar.
A partires deles, o negocio do rap comezaría a tomar corpo coma eso, negocio, no detrimento dunha concepción máis cultural e de movemento comunitario.
Con eles nacería a "new school", pero tamen, o "gangsta rap", con eles chegaría o "bling bling" e o "girls, drugs´n´guns", eles acabarían por exculpar ó capitalismo salvaxe das súas propias miserias para renderse a el e exprimilo todo o posible sen importarlles exprimirse a si mesmos, e así tamen chegaría a alerta ante o "black on black crime" (unha expresión para definir a autodestrucción na que a comunidade afroamericana caera presa) que xente coma Public Enemy combatirían activamente.…
Sen embargo, hai algo que atenúa a súa culpabilidade, e é que eles foron os primeiros en rapeá-la vida puta do ghetto non coma un medio, senon coma un fin en si mesmo, eran eles e era a súa vida, e punto.
Mención aparte habería que adicarlle a cada un dos seus membros, i é que N.W.A era algo así coma un All Star Team da N.B.A. Pero quedareime cos tres nomes máis importantes, a saber; Ice Cube, Eazy-E e Dr. Dre.
E non vou dicir máis, a calquera de vós que lle dé por iniciar unha búsqueda en Google con calquera destes nomes atopará que non sabe por onde comezar, a min pásame o mesmo.
Auténticos.
Keepin´ it real.
"[…] Como artista tes unha voz, ó igual que un político. Tes unha voz e a xente escóitate. E como músico que ten centos de miles de fans, deberías ter algo que contar, algo que alumee ou lle dé poder a outros. […] Así que se non das nada, se te pasa-la vida rimando sobre zapatillas, cadenas, coches… recibes, porque gañas diñeiro, pero non ofreces nada. E iso tamen amosa a limitación da túa metalidade. É importante coñecer determinadas cousas, estar educado en determinadas materias… Incluso aprender unha palabra cada día. Eu fai anos que o fago, e iso é algo que axuda.[…]
[…]¡Que volte a orixinalidade! Todo é demasiado igual… ¡Deixade de copiar! Non me importa qué coche conduces, non me importan as túas llantas…. ¡Non me importa! […] (GZA pon unha voz ridícula e canta) “Estou no meu Bentley, co meu navegador, podesme atopar na sala VIP, pago unha barra libre… ¿A quén lle importa?. Para min é cursi. Agora a xente di, “GZA é un hater, é un rapeiro old school…”. Pero o que si sei é que en concerto rapeo tódo-los temas de Liquid Swords e vexo a 2.000 rapaces de 15 anos (el ten 41) cantando cada palabra. Gustariame ver a calquera desos artistas do feixe que agora riman sobre cadeas e coches ser capaces de facer iso. Nen sequera 50Cent será capaz. Dentro de dez anos, non será capaz de tocar Get Rich or Dye Crying fronte a rapaces de 12 anos que coñezan os seus discos. De ningunha maneira. Iso non vai pasar.[…]
[…] Cando escoito rap agora , moito do que poñen agora na radio ou na televisión, é como ”gugú-tatà”, como se escoitaras falar a un bebé. É tan predecible. […] Estabamos tan adiantados á nosa época que ata podo ver a onde queren chegar os novos rapeiros. Así que, ¡¡traede de volta a orixinalidade!![…]
Sobre a política dos Estados Unidos
[…] Penso que esta carreira electoral é un espectáculo e non importa realmente quén a gañe, porque vai sé-la mesma cousa a non ser que nós, como pobo, xeneremos un cambio, poñamos os pés no chan e digamos: “Non estamos dispostos a isto”. E ata entón todo será igual. Non importa, porqué, como escoitei fai tempo, é que non se trata de a quén “eleximos”, senon de a quén “seleccionan” eles… Penso que as eleccións axudan nas comunidades pequenas, pero cando falamos de eleccións presidenciais, está apañado. Aliméntannos con mentiras e drogas cada día. Cada día hai unha nova droga na televisión, cos seus efectos secundarios. É como cando ós nenos lles dás un caramelo. Drogas, azúcar… Comida, drogas… ¿Quén se pode fiar deles?"
(Extracto da entrevista a GZA recollida no número 21 da revista SERIE B)
MC neoiorquino, o seu disco The sun rises in the East deixou pegada para a posterior xeración de hip-hopeiros independentes, i é que nas súas rimas, ademais da procura estética e competitiva indisoluble na arte do rap, hai sempre un reclamo ético. Desmárcase radicalmente da corrente máis comercial do movemento ,o gangsta rap ("rap de pandilleiro") que a finais dos oitenta comezou a facerse forte e que, no lugar de denunciar a dura existencia á que a comunidade afroamericana se vía avocada nos ghettos da megacity, apoloxizaba (e apoloxiza, 50Cent é un exemplo) a vida do diñeiro rápido, as armas, as drogas e o "quítate ti para porme eu". A Jeru The Damaja isto revélaselle como algo absolútamente contraproducente para o desarrollo positivo da súa comunidade e chega a conclusión de que o valor máis importante para evitalo é a promoción da educación e máis da cultura; así, nesta canción, Can´t stop the prophet ("Non poden deter ó Profeta"), vai na busca de "Mr Ignorance" para darlle cumprido escarmento, pero no seu camiño teráseas que ver cos seus secuaces, a saber: Envexa, Codicia, Odio, Cólera, Rencor, Desesperación, e Engano... REEEESPECT!!
Duraron tres discos. Logo, a Everlast, o MC do grupo, deulle un ataque ó corazón e a partir de entón comezou unha discreta carreira en soedade como... cantautor... unha pena, porque House of Pain era un grupazo. Este "Jump Around" pogueeino (boteino, baileino) centos de veces, a última, e non sen sorpresa e certa melancolía, despois de varios anos, aquí en Madrid, sen vir ó caso, nunha sesión de electrónica no club Low.
No seu discurso non hai discurso. De onde eles proceden non hai marxe para a dialéctica, só para a supervivencia co maior grao de dignidade posible, e para elo, algo fundamental é adquirí-lo respecto dos demais nun medio tan hostil como as súas rimas.
Eles son Das Efx, un dos grupos máis salientables da chamada New School (termo que se emprega para denominar un novo ciclo no Hip-Hop que se establecería dende finais da década dos oitenta ata ben entrado-los noventa, o ciclo precedente pasará a denominarse Old School, e abarca dende as orixes do xénero, aló por mediado-los setenta) e este tema pertence ó seu segundo disco chamado non por casualidade Straight Up Sewaside.
"Sewaside" significa alcantarilla, pero a súa pronuncia é similar a "Suicide" (suicidio), o cal converte o título do disco nun xenial xogo de palabras para definir á perfección o tipo de existencia na que os MC´s están inmersos.
Rapear como El-P non é sinxelo, pero é máis complicado escribir coma el, e retratar con máis inxenio e fondura poética os desequilibrios dunha sociedade á que nos aproximamos cada vez máis.
"I'm a Caveman
Your modern ways frighten and confuse me
I watch your spirit box with the blinking lights and think
Are those little people trapped in that box? (No, Caveman)"
Gran MC, cun fluxo lírico (flow) técnico e persoalísimo, textos moi currados e conciencia crítica. É, xunto a El-P, a cabeza máis visible dese irreductible colectivo que é Def Jux, e acaba de sacar disco, "None shall pass", do que aquí postexo o vídeoclip do seu single homónimo... encántame, e téñolle que adicar máis tempo a letra da canción porque este tío é complicado, pero cada vez que vexo o vídeo, vénseme á cabeza a palabra ALIENACIÓN.