"Á fin, tras cinco meses da miña vida nos que non puiden escribir nada que me deixase satisfeito, e que ningún poder me compensará, aínda que todos se sentisen comprometidos con elo, venme a ocorrencia de falar unha vez máis comigo mesmo. Seguía dando sempre unha resposta, cando realmente me preguntaba algo, seguía existindo sempre algo que arrincar de min, dese feixe de palla que son dende hai cinco meses e cuxo destino parece ser acenderse no vrao e arder antes de que o espectador pestañexe. ¡Ogallá me acontecera esto! E que me acontecera deceas de veces, porque nen sequera me arrepinto desa época infortunada. O meu estado non é a tristura, tampouco é ledicia, nen indiferencia, nen debilidade, nen esgotamento, nen calquera outro interés, ¿qué é entón? O feito de que non o saiba relaciónase sen dúbida coa miña incapacidade de escribir. E esta coido comprendela sen coñecé-la súa causa. De feito, tóda-las cousas que se me ocorren, non se me ocorren dende a súa raíz, senon só dende algún punto situado na súa metade."
20090330
20090327
20090324
Eduardo Chillida
Hai unha certa maneira de coñecer -previa ó que chamamos coñecemento- dende a cal é posible, sen saber cómo é unha cousa, coñecela. Esta maneira de coñecer é tan aberta que admite diversas formas, sen que por iso aínda se sepa cómo é. Este precoñecemento ou aroma é o meu guía no descoñecido, no desexado, no necesario. Nunca discuto con el a priori e nunca deixo de facelo a posteriori.
Observei esta mañá, con grande intensidade, un cristal de cuarzo e cheguei a crer que se movía, que cambiaba, que vivía. ¿Non será esto certo?
¡Que lonxe do tempo dunha rosa!
O inalcanzable perfil da ponla movida polo vento.
Follas verdes, soños de ponlas que o vento debuxa cando se acaban.
Contra a orientación, a estabilidade, o coñecemento, a seguridade... Desorientación, inestabilidade, asombro (camiño cara o coñecemento).
Máis vale cento voando que paxaro en mao.
Fíxeno mellor porque non o coñecía e ía ateigado de dúbidas e asombro.
Ser escuma -soño branco da onda-, fin da respiración do mar.
A auga ensinou ó home
a non bloqueá-la horizontal.
Escoitemo-la luz para
non bloqueá-la vertical.
Non se ve sinon o que se ten xa dentro do ollo. Vese ben tendo o ollo cheo do que se mira. É bastante sinxelo, todo se reduce a aprender a preguntar.
A primeira vez que entrei en Santa Sofía, no Estambul, tiven unha visión tremenda de espacio musical... Tiña a impresión de estar a entrar nos pulmóns de Xoan Sebastián Bach.
Etiquetas:
Artes,
Eduardo Chillida
20090320
Fatlip, What´s up Fatlip?
"(...)Over the years seems like I'm gettin' dumber
Reminiscing to a time when I was younger with a hunger
Full of dreams, determination, self-esteem
But now it seems they hesitate to be on my team
You know the routine, when you winnin' and grinnin'
All up in your face, like they was with you from the beginnin'
But on the flipside,
When you washed up like a riptide
Fools clown 'bout how you slipped and let shit slide
Beside the fact
My voice is wack
Clowns is runnin' around, talkin' 'bout I smoke crack
Ain't got no homies that got my back(...)"
Vai! Tómalle algo Fatlip, invito eu... que é Venres.
Etiquetas:
Hip-Hopteca,
Venres son
20090316
Autocrítica
Anguriábame todo. Sempre fun un pouco mixiricas.
As zapatillas naic con cámara de aire, as ribuc de pamp, os putos levis cincocentosun, escoitalos a todos falar castelán naquel colexo “privado-subvencionado” no que os meus pais nos matricularan porque era o único en kilómetros á redonda que tiña comedor, a matanza do porco na casa dos avós, as findes desertas no pobo do papá, as mañáns de monte limpando a veiga, as putas mozas guapas, os putos mozos “guais”, as excursións, os campamentos de verán, os machotes e as señoritas bailando no centro da pista coma nas pelis ianquis, non comerme nada.
Sempre me sentín a salvo no retrete,
cagando.

Escritos
20090313
20090305
¿Linkin Park? Veña ho, non fastidies...
Ano ´92. Algúns meses despois da virulenta revolta de Los Ángeles derivada do caso Rodney King, Rage Against the Machine irrumpen na escea musical cun dos discos máis combativos e innovadores de finas do século XX, misturando insólitamente o estilo vocal do rap coa contundencia do metal; por outra banda, Ice-T, entón archirecoñecido MC, cunha das máis sólidas carreiras discográficas do Hip-Hop, sae ó mercado con Body Count, unha banda que el describiría como de “speed metal” íntegramente formada por músicos negros, algo que incluso actualmente é difícil de atopar, e que tería unha enorme repercusión ademais de pola tremenda calidade do seu primeiro disco, grazas ó polemiquísimo tema "Cop Killer", inspirado precísamente nos sucesos citados ó comezo.
Ano ´93. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr. A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular. O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:
O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.

En "Just Another Victim", Helmet e House of Pain sintetízanse por obra e gracia do turntablism de maneira prodixiosa. O "prodixio" acontece entre o min. 2 e o 2"30´. Encántame esta canción:
En "Disorder", Ice-T deixa entrever as súas cualidades vocais para o Hardcore, e faino xunto a Slayer... unha espectacular a-berra-ción.
Pearl Jam e Cypress Hill? pero esto que é!! pois si, aínda que hai que recoñecer que a man de Pearl Jam se nota pouco, cédenlle inspiración e atmósfera ó, naquel entón, dúo máis macabro e reputado do hip-hop. O resultado é brillante:
"Missing Link": a mellor do disco, nunca o rock puido ser máis hip-hopeiro e viceversa, e encima soar tan ben.
Os mellores Dinosaur JR co por entón debutante Del the Funkyhomosapien (Delthafunk en Deltron 3030 depois, Del a secas, agora)
Etiquetas:
Hip-Hopteca,
Música
20090302
Suscribirse a:
Entradas (Atom)