¿Quén dixo que o nihilismo era pesimista?
Se algo nos pode causar ós humans maior desacougo iso é a nosa condición mortal, desacougo que ó longo da historia ten sido aproveitado polo "Poder" en tódalas súas versións; o relixioso ("pecado mortal"), o político ("pena de morte") e agora máis que ningún outro, o empresarial ("¡eterna e maleable xuventude!"), para manter sometida a nosa vontade.
Polo tanto, a aceptación da nosa débil natureza e dunha visión non determinista da existencia, son actitudes claves para unha ampla formulación da idea de liberdade e dende logo para a súa levada á práctica, aforrarmos enerxías en mellorá-lo noso "destino" permitiranos empregar novas forzas para disfrutar o presente e modificalo, aquí e agora.
Neste poema, o noso poeta acepta a súa inevitable fin con entusiasmo, non a lamenta, tampouco a agarda dende a frialdade, senon que procura o seu encontro na intensidade do presente e tamen con certa retranca.
20090125
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario