20100324

BANO, cum laude.


BANO xa nos deixara un feixiño de pérolas alá polo ano ´97 que "por suposto", foron complétamente infravaloradas pola emerxente,  e "sectarísima", parroquia hip-hop estatal do momento. Supoño que agora, 13 ;) anos despois non será moi diferente, i é que, se naquel entón, xa a mesma disgresión formal completamente heterodoxa que o definía supuxo a súa "exclusión", agora, momento no que o xénero está moito máis desarrollado e polo tanto, supostamente, cunha maior capacidade receptiva por parte da súa masa social, atoparase, probablemente, con outra barreira non menos dificultosa, a da ideoloxía. I é que, á mesma evolución formal do xénero como "moda", acompañou unha progresiva incorporación dos valores dominantes na importación norteamericana, derivados sobre todo da súa verquente máis comercial, isto é; competición extrema, egolatría extrema, sobrevaloración das posesións materiais, culto á tecnoloxía, violencia.... BANO é a antangonía de todos istes conceptos, porque, por entre as sólidas e radicais nocións de ecoloxismo e humanismo que manexa, eríxese nunha sorte de "anti-profeta", que a través dunha profunda lírica (por fin, e aínda que moitos o reclaman, atopo algún MC ó que aplicarlle-lo término) traballada sílaba a sílaba, unha enorme dose de sarcasmo, un flow completamente xenuíno e hábil, e unha producción musical impecable, deconstrúe esta sociedade de consumo pola que nós mesmos, consumidores compulsivos, fomos xa consumidos, ensumíndonos en mera flora intestinal, cando non en excremento. Sen máis preámbulos...




5 comentarios:

Seymour dijo...

Xa sei que as miñas asociacións de ideas ás veces son tan peregrinas coma as da paciente, pero mentres escoitaba a Bano (ao cal non tiña o gusto de coñecer)comecei a pensar en Ginsberg, dalgún xeito... non sei, raro.

ekis1331 dijo...

Si... ideas peregrinas, Bano, Gingsberg, psicoterapia... en resumidas contas... surrealismo.
En calquer caso, algunhas das súas letras (se accede ó seu myspace poderao comprobar) son moito máis explícitas... neste sentido recoméndolle-la escoita de "Pedro el descabezado" ou "Reliquia".
En calquera caso, unha alegría tela de volta por acó Doc.

ekis1331 dijo...

Perdón, "Relikia" non está colgada no myspace (si no youtube)

Acuática dijo...

Grazas por espertar a Curiosidade. Un pouco máis de música para escoitar con atención.

ekis1331 dijo...

De nada,saúdos.