20100316

"Xigante", unha película mínima.

Falareivos hoxe doutro filme... si, estou moi cinéfilo últimamente... Pois si, falareivos dunha producción uruguaia que me encantou e me deixou cun sorriso amplo e suave, desos de beizos apretados, sinxelo de esbozar, persistente. Unha realizazón que a través dos mínimos recursos formais e narrativos acada un resultado ben poético e brilante, alquímico pois.
O argumento cóntanos como a monótona vida dun "segurata", encargado de vixiar un supermercado a través das cámaras de seguridade, cambia no momento en que se incorpora ó traballo de limpiadora no establecemento unha moza que lle causa especial atracción. E xa está. Nin durante, nin ó final, acontece nada máis extraordinario; nada especialmente dramático, nada especialmente cómico, os personaxes están máis esbozados que definidos, as interpretacións non requiren dunha descarga emocional complexa... e sen embargo, chegas á fin da metraxe cunha apetencia pasmosa. Velaí a alquimia. E cómo se consegue este truco de prestidixitación? pois a través dunha vertebración visual tan complementaria do narrado como rica en aportes.

Storyboard:
-Apenas hai movementos de cámara e as excepcións que se producen son prácticamente todas definidas por movementos lentos e horizontais. A este respecto, eu fago dúas lecturas; por un lado, conséguese unha sensación de "estatismo" que contribúe a intensificar a sensación de monotonía e linealidade que define a vida do protagonista. Da mesma maneira, e por contraposición, enfatízase a importancia do personaxe feminino na narración, xa que as súas breves aparicións en escea sempre van acompañadas dun alto dinamismo visual.
Por outro, eu interpreto certo guiño ó mundo da banda deseñada (guiño que non será o único, pero evitarei caer no "spoiler".... qué expresión tan snob, por certo...) xa que o efecto visual provocado por esta abundancia de planos fixos é o equivalente á contemplación da historia a través dunha sucesión de viñetas.


-Fermosas composicións de plano, todo un alarde de coidado polo detalle e perfecto exercizo de equilibrio entre espazo, color e xeometría, sen por elo restar naturalidade e "frescura" ó conxunto.

-A concesión dun gran protagonismo físico ós monitores, xa sexa de Tv, de ordenador, de móvil... tamen ós espellos... un hábil simbolismo que, ademais de constituírse como evidente metarreferencia, fai alusión ó desdobramento que implica, no protagonista, a oposición entre a realidade e a ilusión, entre a vida cotiá e a soñada.


-Banda sonora. A pesar de que gran parte da metraxe está dominada polo silencio, ou pola "tranquilidade" sonora, os momentos nos que se engaden músicas ó relato estas encaixan como luvas e consiguen a simbiose precisa coa imáxen e a narración.

E velaiquí unha mostra:


5 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Eu vina hai uns meses e gustoume, seica eu vexo cine dende unha perspectiva máis literaria (narración, ritmo). Acabas de darme moitas novas perspectivas (visuais, técnicas) sobre a película das que eu nin me decatara, é fascinante o zume que lle sacas. Dan ganas de vela outra vez.
Un saúdo.

ekis1331 dijo...

Alégrame ho.. grazas pola valoración tan positiva que fas, e agardo que as miñas apreciacións che resulten "estimulantes" á hora de revisitá-lo filme... saúdos.

Maribel-bel dijo...

Despois de ler os teus detalles (precisos) estou segura da calidad da cinta e penso visualizala. Unha aperta

ekis1331 dijo...

Pois grazas bel, que a disfrutes.

Artur Drevitskiy dijo...

Tengo ganas de verla!