Podo voltar a velo. O torso nú naquel pegañento domingo de vran, aprisoado no seu departamento do barrio Sur de Bos Aires tan mesquiño de espazo que lle apretaba nas sisas e na entreperna. Un habitáculo, non maior que o pozo de Eladio Linacero, onde Iota Carlos Onetti -así prefería o sonido do seu nome-, xacente e silente, era só un home soitario amputado de paisaxes que lía e fumaba indiferente a ese lugar da cidade como a calquera outro do mundo e do universo. Non había moito, tal vez no pasado inverno, axustizara unha novela deliberada que reservaba espazos para ilustracións.
Sen solución de continuidade -como din pedantísimos locutores ó anunciar certas pezas de "música clásica"- "o noso home" -tal como se pode ler en textos obsoletos- levántase de súpeto, abalanzándose encol do escritorio de colexial ó que senta. O lombo curvado coma o dun oso sobre a súa presa: un caderno ou uns cantos folios en branco e un fato de lápises con puntas quirúrxicas. O cigarriño fumega esquencido. Atrápame a certeza de que, de seren perturbado, dará a dentada por resposta. Tornara de súpeto nun zombi total porque, cando escribía para el, non existía ninguén: nin o lector nin o crítico nin a familia.
Certa fusca meianoite, mentres loitaba co insomnio a brazo partido, pero sen fracturas, ouvín un repeniqueo no cristal da miña fiestra.
Declareime durminte vencido e espiei; baixo da choiva ou garúa un gran paxaro de presa interrumpía os picotazos para repetir: "Ore, ore, ore...". Non demorei máis dun minuto en recoñecelo e abrir de todo a fiestra. Era o meu amigo da infanza, o vello Never More, única ave inmortal, bendición ou condea da que estaba orguioso aínda que disimulara. Durante a parola, que durou deica a fin da noite, cacarexou unha vez sen escondé-lo trunfo: "Porque, deus e todo, o cisne de Leda nunca morreu por ensumirse. E a laberca de Shelley nunca pasou de pretexto literario. Eu, pola contra, aínda pronunciando o inglés con forte acento de Bowery, tiven bastante con dúas palabras para revivir na memoria e no infortunio dos homes mentres sigan poboando este planeta tantas veces condeado por profetas ou fabricantes de armas. Sen ir máis lonxe..."
Non o deixei ir máis lonxe pois, non sendo cobarde, son prudente. Erguín unha man pedindo suspenso, dixen perdón cun sorriso e fun agochando todo-los animais máis ou menos domésticos que me acompañaban na miña soidade. Tornei cos meus anteollos de pesca submarina, asegurados contra dentadas oblicuas de tabeirón e contra "cría corvos que che arrincarán os ollos", e continúou a forzada entrevista que, sen que se decatara o meu visitante, foi grabada na súa totalidade. Entón notei que o corvo tiña manchas verdes nunha á e amarelas noutra. El interpretou a miña ollada e dixo:
-Unha verdadeira estafa de tintureiro. Aseguroume tinxido indeleble e bastou o chubazo para desmentilo.
-¿E por qué quixo tinguirse?
-Ah, esa é outra historia. Despois explícolle.
Así coma o final do século vinte se caracterizou, entre outras moitas cousas, pola incorporación de detectores de armas en colexos e institutos norteamericanos para evitar “masacres indiscriminadas” (porque as discriminadas teñen un pase, non ofendamos a Israel) levadas a cabo por xoves “desequilibrados” que por casualidade posúen armas de todo tipo; no final do ano 2009 o protagonismo adquiríuno a fabulosa militarización dos barcos pesqueiros europeos que faenan en “augas internacionais“, coa finalidade de evitaren posibles abordaxes de piratas somalís que actúan en ¿costas somalís?...................
Pois ben, recén comezado o ano 2010, o escáner está de moda, sobre todo o “corporal”, grazas principalmente á crecente ameaza aero-terrorista provocada por grupos islamistas radicais que, ademais de seren radicais, non permiten que emprendamos desinteresadas accións bélicas de carácter progresista nos seus territorios. Si, o escáner está de moda, e é moi probable que nos próximos anos, os punteiros laboratorios israelís subvencionados pola “comunidade internacional” rematen por desarrollar implantes oculares “escanantes” (escaneiros, escanísticos?) que nos permitan a todos, ademais de outras vantaxes (:D), a posibilidade de actuar como vixilantes da seguridade mundial. Este feito suporía o aforro dun enorme custo económico e loxístico por parte dos nosos gobernos, e a posibilidade destes de incrementar a inversión armamentística para proporcionarnos aínda máisSEGURIDADE. Nem-bar-gan-tes, isto, tamen arroxaría consecuencias negativas, como por exemplo a máis que probable desaparición da publicación Interviú.
Esperto coa túa espesa sombra sobre os meus xenitais, e a vertical e punzante ausencia túa entre as febles luces da consciencia, azuis, pálidas. Vago pola casa como recordarte, divago, fago borróns sobre o tempo e o espazo, actúo sen sintaxe.
Teño frío, e supoño que a loucura ten moito que ver con isto, con acariñarte no baleiro mentres a obscuridade invade os músculos. Quérote, apretada contra o meu corpo por riba de toda significación, nun puro acto de calor.
Novas cancións engadidas ó reproductor... The Horrors, Last Shadow Puppets, Velvet Underground, One Day As A Lion, Bob Marley, A Perfect Circle, etc... :]
Na Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas Levan dende o ano 1988 adquirindo terras para o desenvolvemento de tarefas de conservación e rehabilitación do medio e ata o de agora son 1028 socios que pagan unha cuota anual mínima de 10 euros. Comigo serán 1029, a ver e se algún de vós se anima e chegamos ós 200.000 polo menos!!!
Descendín dende as cumes, baixei aos fríos eléctricos anoándome, cara ás xeadas super superficies armadas na vertixe do tempo, baixei dende a temperanza e os elementos da inocencia co zoante vento na cara, a memoria que deixara, cara o momento preciso do baleiro, e desorienteime na evidencia coma sempre, e aquí sigo, facéndome preguntas, círculos concéntricos, lenes apalpadelas baixo da impostada luminaria cegadora, aqueloutrado e alleo coma un demente, quizais menos libre.
O pasado 2008 trouxo consigo unha morea de discazos de hip hop e algún que outro regreso agardado. Un deles, o de Pete Rock, o mestre, que voltou con "NY´s Finest", un disco que só coa súa autoría ten garantizado todo o demais. Non é un discazo, é un disco de Pete Rock e basta. Beats dos de sempre, boom-baps, scratchs, rimas de bos colaboradores que caen onde han de caer, un par de frivolités para a galería (unha ragga e outra r´n´b, que encima resplandecen), e por si fora pouco, a máis ampla e brillante versión como MC do Dj. Dous temas bastan para que a merca deste CD mereza a pena; "Till I retire" e "Best believe". El sabíao, por iso os xuntou nun mesmo vídeo.
Damas e cabaleiros, with all of you: da tru masta, Mr. Pete rock:
"Á fin, tras cinco meses da miña vida nos que non puiden escribir nada que me deixase satisfeito, e que ningún poder me compensará, aínda que todos se sentisen comprometidos con elo, venme a ocorrencia de falar unha vez máis comigo mesmo. Seguía dando sempre unha resposta, cando realmente me preguntaba algo, seguía existindo sempre algo que arrincar de min, dese feixe de palla que son dende hai cinco meses e cuxo destino parece ser acenderse no vrao e arder antes de que o espectador pestañexe. ¡Ogallá me acontecera esto! E que me acontecera deceas de veces, porque nen sequera me arrepinto desa época infortunada. O meu estado non é a tristura, tampouco é ledicia, nen indiferencia, nen debilidade, nen esgotamento, nen calquera outro interés, ¿qué é entón? O feito de que non o saiba relaciónase sen dúbida coa miña incapacidade de escribir. E esta coido comprendela sen coñecé-la súa causa. De feito, tóda-las cousas que se me ocorren, non se me ocorren dende a súa raíz, senon só dende algún punto situado na súa metade."
Hai unha certa maneira de coñecer -previa ó que chamamos coñecemento- dende a cal é posible, sen saber cómo é unha cousa, coñecela. Esta maneira de coñecer é tan aberta que admite diversas formas, sen que por iso aínda se sepa cómo é.
Este precoñecemento ou aroma é o meu guía no descoñecido, no desexado, no necesario. Nunca discuto con el a priori e nunca deixo de facelo a posteriori.
Observei esta mañá, con grande intensidade, un cristal de cuarzo e cheguei a crer que se movía, que cambiaba, que vivía. ¿Non será esto certo?
¡Que lonxe do tempo dunha rosa!
O inalcanzable perfil da ponla movida polo vento.
Follas verdes, soños de ponlas que o vento debuxa cando se acaban.
Contra a orientación, a estabilidade, o coñecemento, a seguridade...
Desorientación, inestabilidade, asombro (camiño cara o coñecemento).
Máis vale cento voando que paxaro en mao.
Fíxeno mellor porque non o coñecía e ía ateigado de dúbidas e asombro.
Ser escuma -soño branco da onda-, fin da respiración do mar.
A auga ensinou ó home
a non bloqueá-la horizontal.
Escoitemo-la luz para
non bloqueá-la vertical.
Non se ve sinon o que se ten xa dentro do ollo.
Vese ben tendo o ollo cheo do que se mira.
É bastante sinxelo, todo se reduce a aprender
a preguntar.
A primeira vez que entrei en Santa Sofía, no Estambul,
tiven unha visión tremenda de espacio musical... Tiña
a impresión de estar a entrar nos pulmóns de Xoan Sebastián Bach.
"(...)Over the years seems like I'm gettin' dumber
Reminiscing to a time when I was younger with a hunger
Full of dreams, determination, self-esteem
But now it seems they hesitate to be on my team
You know the routine, when you winnin' and grinnin'
All up in your face, like they was with you from the beginnin'
But on the flipside,
When you washed up like a riptide
Fools clown 'bout how you slipped and let shit slide
Beside the fact
My voice is wack
Clowns is runnin' around, talkin' 'bout I smoke crack
Ain't got no homies that got my back(...)"
Vai! Tómalle algo Fatlip, invito eu... que é Venres.
As zapatillas naic con cámara de aire, as ribuc de pamp, os putos levis cincocentosun, escoitalos a todos falar castelán naquel colexo “privado-subvencionado” no que os meus pais nos matricularan porque era o único en kilómetros á redonda que tiña comedor, a matanza do porco na casa dos avós, as findes desertas no pobo do papá, as mañáns de monte limpando a veiga, as putas mozas guapas, os putos mozos “guais”, as excursións, os campamentos de verán, os machotes e as señoritas bailando no centro da pista coma nas pelis ianquis, non comerme nada.
Sempre me sentín a salvo no retrete,
cagando.
Ano ´92. Algúns meses despois da virulenta revolta de Los Ángeles derivada do caso Rodney King, Rage Against the Machine irrumpen na escea musical cun dos discos máis combativos e innovadores de finas do século XX, misturando insólitamente o estilo vocal do rap coa contundencia do metal; por outra banda, Ice-T, entón archirecoñecido MC, cunha das máis sólidas carreiras discográficas do Hip-Hop, sae ó mercado con Body Count, unha banda que el describiría como de “speed metal” íntegramente formada por músicos negros, algo que incluso actualmente é difícil de atopar, e que tería unha enorme repercusión ademais de pola tremenda calidade do seu primeiro disco, grazas ó polemiquísimo tema "Cop Killer", inspirado precísamente nos sucesos citados ó comezo.
Ano ´93. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr.
A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular.
O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:
O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.
En "Just Another Victim", Helmet e House of Pain sintetízanse por obra e gracia do turntablism de maneira prodixiosa. O "prodixio" acontece entre o min. 2 e o 2"30´. Encántame esta canción:
En "Disorder", Ice-T deixa entrever as súas cualidades vocais para o Hardcore, e faino xunto a Slayer... unha espectacular a-berra-ción.
Pearl Jam e Cypress Hill? pero esto que é!! pois si, aínda que hai que recoñecer que a man de Pearl Jam se nota pouco, cédenlle inspiración e atmósfera ó, naquel entón, dúo máis macabro e reputado do hip-hop. O resultado é brillante:
"Missing Link": a mellor do disco, nunca o rock puido ser máis hip-hopeiro e viceversa, e encima soar tan ben.
Os mellores Dinosaur JR co por entón debutante Del the Funkyhomosapien (Delthafunk en Deltron 3030 depois, Del a secas, agora)