20100126

Juan Carlos Onetti, "Confesións dun lector"

Outro obsceno paxaro nocturno.



Certa fusca meianoite, mentres loitaba co insomnio a brazo partido, pero sen fracturas, ouvín un repeniqueo no cristal da miña fiestra. Declareime durminte vencido e espiei; baixo da choiva ou garúa un gran paxaro de presa interrumpía os picotazos para repetir: "Ore, ore, ore...". Non demorei máis dun minuto en recoñecelo e abrir de todo a fiestra. Era o meu amigo da infanza, o vello Never More, única ave inmortal, bendición ou condea da que estaba orguioso aínda que disimulara. Durante a parola, que durou deica a fin da noite, cacarexou unha vez sen escondé-lo trunfo: "Porque, deus e todo, o cisne de Leda nunca morreu por ensumirse. E a laberca de Shelley nunca pasou de pretexto literario. Eu, pola contra, aínda pronunciando o inglés con forte acento de Bowery, tiven bastante con dúas palabras para revivir na memoria e no infortunio dos homes mentres sigan poboando este planeta tantas veces condeado por profetas ou fabricantes de armas. Sen ir máis lonxe..." Non o deixei ir máis lonxe pois, non sendo cobarde, son prudente. Erguín unha man pedindo suspenso, dixen perdón cun sorriso e fun agochando todo-los animais máis ou menos domésticos que me acompañaban na miña soidade. Tornei cos meus anteollos de pesca submarina, asegurados contra dentadas oblicuas de tabeirón e contra "cría corvos que che arrincarán os ollos", e continúou a forzada entrevista que, sen que se decatara o meu visitante, foi grabada na súa totalidade. Entón notei que o corvo tiña manchas verdes nunha á e amarelas noutra. El interpretou a miña ollada e dixo:

-Unha verdadeira estafa de tintureiro. Aseguroume tinxido indeleble e bastou o chubazo para desmentilo.

-¿E por qué quixo tinguirse?

-Ah, esa é outra historia. Despois explícolle.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

lfbhftw wdn qrgbn horny asian

nttrz!

wjsku drsstp obv facial cumshots

Anónimo dijo...

hbpz tuhzl porn432 zhhroi g mi r ecg