Esperto coa túa espesa sombra sobre os meus xenitais, e a vertical e punzante ausencia túa entre as febles luces da consciencia, azuis, pálidas. Vago pola casa como recordarte, divago, fago borróns sobre o tempo e o espazo, actúo sen sintaxe.
Teño frío, e supoño que a loucura ten moito que ver con isto, con acariñarte no baleiro mentres a obscuridade invade os músculos. Quérote, apretada contra o meu corpo por riba de toda significación, nun puro acto de calor.
20100106
20100104
20091228
Gústanme os cheiros do monte.
Etiquetas:
Actualidade
20091225
Exercicio.
Descendín dende as cumes, baixei aos fríos eléctricos anoándome, cara ás xeadas super superficies armadas na vertixe do tempo, baixei dende a temperanza e os elementos da inocencia co zoante vento na cara, a memoria que deixara, cara o momento preciso do baleiro, e desorienteime na evidencia coma sempre, e aquí sigo, facéndome preguntas, círculos concéntricos, lenes apalpadelas baixo da impostada luminaria cegadora, aqueloutrado e alleo coma un demente, quizais menos libre.
Etiquetas:
Escritos
20090416
20090401
Pete Rock, NY´s Finest
O pasado 2008 trouxo consigo unha morea de discazos de hip hop e algún que outro regreso agardado. Un deles, o de Pete Rock, o mestre, que voltou con "NY´s Finest", un disco que só coa súa autoría ten garantizado todo o demais. Non é un discazo, é un disco de Pete Rock e basta. Beats dos de sempre, boom-baps, scratchs, rimas de bos colaboradores que caen onde han de caer, un par de frivolités para a galería (unha ragga e outra r´n´b, que encima resplandecen), e por si fora pouco, a máis ampla e brillante versión como MC do Dj. Dous temas bastan para que a merca deste CD mereza a pena; "Till I retire" e "Best believe". El sabíao, por iso os xuntou nun mesmo vídeo.
Damas e cabaleiros, with all of you: da tru masta, Mr. Pete rock:
Damas e cabaleiros, with all of you: da tru masta, Mr. Pete rock:
Etiquetas:
Hip-Hopteca
20090330
Kafka, Os diarios
"Á fin, tras cinco meses da miña vida nos que non puiden escribir nada que me deixase satisfeito, e que ningún poder me compensará, aínda que todos se sentisen comprometidos con elo, venme a ocorrencia de falar unha vez máis comigo mesmo. Seguía dando sempre unha resposta, cando realmente me preguntaba algo, seguía existindo sempre algo que arrincar de min, dese feixe de palla que son dende hai cinco meses e cuxo destino parece ser acenderse no vrao e arder antes de que o espectador pestañexe. ¡Ogallá me acontecera esto! E que me acontecera deceas de veces, porque nen sequera me arrepinto desa época infortunada. O meu estado non é a tristura, tampouco é ledicia, nen indiferencia, nen debilidade, nen esgotamento, nen calquera outro interés, ¿qué é entón? O feito de que non o saiba relaciónase sen dúbida coa miña incapacidade de escribir. E esta coido comprendela sen coñecé-la súa causa. De feito, tóda-las cousas que se me ocorren, non se me ocorren dende a súa raíz, senon só dende algún punto situado na súa metade."
Etiquetas:
Literatura
20090327
20090324
Eduardo Chillida
Hai unha certa maneira de coñecer -previa ó que chamamos coñecemento- dende a cal é posible, sen saber cómo é unha cousa, coñecela. Esta maneira de coñecer é tan aberta que admite diversas formas, sen que por iso aínda se sepa cómo é. Este precoñecemento ou aroma é o meu guía no descoñecido, no desexado, no necesario. Nunca discuto con el a priori e nunca deixo de facelo a posteriori.
Observei esta mañá, con grande intensidade, un cristal de cuarzo e cheguei a crer que se movía, que cambiaba, que vivía. ¿Non será esto certo?
¡Que lonxe do tempo dunha rosa!
O inalcanzable perfil da ponla movida polo vento.
Follas verdes, soños de ponlas que o vento debuxa cando se acaban.
Contra a orientación, a estabilidade, o coñecemento, a seguridade... Desorientación, inestabilidade, asombro (camiño cara o coñecemento).
Máis vale cento voando que paxaro en mao.
Fíxeno mellor porque non o coñecía e ía ateigado de dúbidas e asombro.
Ser escuma -soño branco da onda-, fin da respiración do mar.
A auga ensinou ó home
a non bloqueá-la horizontal.
Escoitemo-la luz para
non bloqueá-la vertical.
Non se ve sinon o que se ten xa dentro do ollo. Vese ben tendo o ollo cheo do que se mira. É bastante sinxelo, todo se reduce a aprender a preguntar.
A primeira vez que entrei en Santa Sofía, no Estambul, tiven unha visión tremenda de espacio musical... Tiña a impresión de estar a entrar nos pulmóns de Xoan Sebastián Bach.
Etiquetas:
Artes,
Eduardo Chillida
20090320
Fatlip, What´s up Fatlip?
"(...)Over the years seems like I'm gettin' dumber
Reminiscing to a time when I was younger with a hunger
Full of dreams, determination, self-esteem
But now it seems they hesitate to be on my team
You know the routine, when you winnin' and grinnin'
All up in your face, like they was with you from the beginnin'
But on the flipside,
When you washed up like a riptide
Fools clown 'bout how you slipped and let shit slide
Beside the fact
My voice is wack
Clowns is runnin' around, talkin' 'bout I smoke crack
Ain't got no homies that got my back(...)"
Vai! Tómalle algo Fatlip, invito eu... que é Venres.
Etiquetas:
Hip-Hopteca,
Venres son
20090316
Autocrítica
Anguriábame todo. Sempre fun un pouco mixiricas.
As zapatillas naic con cámara de aire, as ribuc de pamp, os putos levis cincocentosun, escoitalos a todos falar castelán naquel colexo “privado-subvencionado” no que os meus pais nos matricularan porque era o único en kilómetros á redonda que tiña comedor, a matanza do porco na casa dos avós, as findes desertas no pobo do papá, as mañáns de monte limpando a veiga, as putas mozas guapas, os putos mozos “guais”, as excursións, os campamentos de verán, os machotes e as señoritas bailando no centro da pista coma nas pelis ianquis, non comerme nada.
Sempre me sentín a salvo no retrete,
cagando.
As zapatillas naic con cámara de aire, as ribuc de pamp, os putos levis cincocentosun, escoitalos a todos falar castelán naquel colexo “privado-subvencionado” no que os meus pais nos matricularan porque era o único en kilómetros á redonda que tiña comedor, a matanza do porco na casa dos avós, as findes desertas no pobo do papá, as mañáns de monte limpando a veiga, as putas mozas guapas, os putos mozos “guais”, as excursións, os campamentos de verán, os machotes e as señoritas bailando no centro da pista coma nas pelis ianquis, non comerme nada.
Sempre me sentín a salvo no retrete,
cagando.
Etiquetas:
Escritos
20090313
20090305
¿Linkin Park? Veña ho, non fastidies...
Ano ´92. Algúns meses despois da virulenta revolta de Los Ángeles derivada do caso Rodney King, Rage Against the Machine irrumpen na escea musical cun dos discos máis combativos e innovadores de finas do século XX, misturando insólitamente o estilo vocal do rap coa contundencia do metal; por outra banda, Ice-T, entón archirecoñecido MC, cunha das máis sólidas carreiras discográficas do Hip-Hop, sae ó mercado con Body Count, unha banda que el describiría como de “speed metal” íntegramente formada por músicos negros, algo que incluso actualmente é difícil de atopar, e que tería unha enorme repercusión ademais de pola tremenda calidade do seu primeiro disco, grazas ó polemiquísimo tema "Cop Killer", inspirado precísamente nos sucesos citados ó comezo.
Ano ´93. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr. A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular. O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:
O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.
Ano ´93. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr. A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular. O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:
O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.
En "Just Another Victim", Helmet e House of Pain sintetízanse por obra e gracia do turntablism de maneira prodixiosa. O "prodixio" acontece entre o min. 2 e o 2"30´. Encántame esta canción:
En "Disorder", Ice-T deixa entrever as súas cualidades vocais para o Hardcore, e faino xunto a Slayer... unha espectacular a-berra-ción.
Pearl Jam e Cypress Hill? pero esto que é!! pois si, aínda que hai que recoñecer que a man de Pearl Jam se nota pouco, cédenlle inspiración e atmósfera ó, naquel entón, dúo máis macabro e reputado do hip-hop. O resultado é brillante:
"Missing Link": a mellor do disco, nunca o rock puido ser máis hip-hopeiro e viceversa, e encima soar tan ben.
Os mellores Dinosaur JR co por entón debutante Del the Funkyhomosapien (Delthafunk en Deltron 3030 depois, Del a secas, agora)
Etiquetas:
Hip-Hopteca,
Música
20090302
20090227
20090224
Oscars
Se ben os Oscars non son, nunha alta porcentaxe, a máis precisa vara de medir das artes cinematográficas, si é indiscutible a enorme trascendencia que suscita a súa celebración e por ende, a proxección mundial que os premiados recibirán, se ben, a maioría deles, certo é que non a necesitan para nada.
Así, alégrome que unha desas horteras figuriñas caese, por segunda vez, nas mans de Sean Penn, un tipo que me parece un actorazo. Como tal, xa nos ten deixado interpretacións descomunais, tan ou máis merecedoras dun Oscar que en Mystic River (aínda non vin a de Harvey Milk). Véñenme á cabeza títulos como; “Pena de Morte”, “Xiro ó inferno”, “Hurlyburly”, “Acordes e desacordos“, “21 Gramos”... tamen é verdade que ten certa tendencia ó histrionismo que ás veces lle resta credibilidade ós seus personaxes, pero eu polo menos, perdóollo, xa que sempre consigue implicarme dunha maneira moi intensa con todo-los desafortunados, perdedores, desequilibrados e desesperados persoaxes que interpreta.
Pero en Sean Penn hai outra faceta que o alonxa da órbita elitista e anodina do planeta Hollywood, e é esa implicación social e política que procura colleitar con coherencia, non só no momento de elexir papeis, senon tamen á hora de pronunciarse públicamente... por exemplo:
“Cando tes a alguén coma George Tenet (ex-director da C.I.A.) recoñecendo no seu libro que sabía que a Administración estaba enganando á poboación norteamericana para conducilos a unha situación que está asasinando a xoves homes e mulleres desta e outras nacións, entón, George Tenet e Dick Cheney e Condolezza Rice e George Bush, deberían estar todos no puto cárcere”
Este nacho cáeme ben, é un dos pouquiños representantes dunha verdadeira noción da esquerda en USA, e non se corta en expresalo... ó mellor podía facer máis, claro, pero xa é algo, e máis aló, no epicentro do imperio.
“Cando tes a alguén coma George Tenet (ex-director da C.I.A.) recoñecendo no seu libro que sabía que a Administración estaba enganando á poboación norteamericana para conducilos a unha situación que está asasinando a xoves homes e mulleres desta e outras nacións, entón, George Tenet e Dick Cheney e Condolezza Rice e George Bush, deberían estar todos no puto cárcere”
Este nacho cáeme ben, é un dos pouquiños representantes dunha verdadeira noción da esquerda en USA, e non se corta en expresalo... ó mellor podía facer máis, claro, pero xa é algo, e máis aló, no epicentro do imperio.
Etiquetas:
Actualidade,
Cinema
20090219
A noite menos pensada
Que eu escoito moita radio é algo ó que xa, medio en serio medio en broma, aludía noutra ocasión. Fágoo sobre todo á mañá e polas noites. Debido ó tarde que chego a casa, non adoito a acostarme antes da unha e media ou dúas da mañá, e teño por costume conciliá-lo sono cun pinjanillo adherido ó meu pavillón auditivo (case sempre remata por desprenderse claro, pero para entón xa estou dormido). A cuestión é que nesa franxa horaria tampouco hai moito onde elexir (enténdaseme, non hai moito onde elexir en xeral a todo-los niveis mediáticos, pero nesa franxa menos) pero curiosamente é nesa franxa, en concreto entre a unha e as tres da noite, cando se emitía o mellor programa radiofónico que eu teño escoitado ata o de agora:
“La noche menos pensada”

Emitíase en RNE e, nomes aparte, o feito é que constituía un dos poucos reductos adicados á reflexión crítica da actualidade política, científica e artística dende un punto de vista realmente profundo e aberto, algo do que non se pode gabá-lo entramado mediático xeralista, nin moito menos. Pois ben, cara ó mes de setembro pasado, da noite á mañá, e sen aparente explicación, “La noche menos pensada” desapareceu da parrilla de RNE para cederlle o oco a....”Afectos en la noche”.... Podería facer unha descrición máis precisa sobre o contido do programa pero dáme a impresión de que a través do nome xa vos faredes unha idea... por ser gráfico direi que é como estar lendo un libro de Clarice Lispector para ó pasar páxina atoparte cun texto de Corín Tellado... ou algo así... en fin, que eu sígoo escoitandoo porque o necesito para dormirme, senon éntrame o mono, e porque aínda que pareza incrible, o demais segue sendo pior, pero ás veces é que non podo evitar poñerme dunha mala hostia tremenda ó pensar no bombardeo de banalización co que están a someter ás nosas neuronas e por ende ás nosas capacidades e aspiracións.
Por iso, encoméndovos a que, alo menos, lle botedes un vistazo a esta páxina, e que, aínda que non vaia moito con vós, se vos animades a firmar no manifesto que nela se expón sería xenial.
Etiquetas:
Actualidade
20090212
Francis Bacon
A primeira aproximación á figura de Francis Bacon tivena a través dunha recomendable película chamada “El amor es el demonio”, de John Maybury, protagonizada por un incriblemente asemellado co protagonista, Derek Jacobi, que fai unha interpretación fantástica e ó que o acompaña no papel de seu malogrado amante George Dyer un Daniel Craig “pre-Bond” moi correcto. A inmersión cinematográfica na figura do pintor non podía deparar outro resultado que o dunha película escura, axitada, violenta, chea de poesía e carente de calquer atisbo de esperanza existencial. Fiel pois, á persoalidade e á obra de Bacon.O Sábado fixen outra aproximación, esta máis íntima, coa pintura deste home atormentado e xenial, grazas á retrospectiva que del está a facer o Museo do Prado, un deses sitios polos que esta cidade caótica e perversa que é Madrid aínda merece a pena. E non é que sexa un especial admirador da pintura clásica que acolle, xa que aínda que resulta dunha pasmosa factura técnica, tanto retrato e tanta escea bíblica, mítica ou histórica, cánsanme... sin embargo, dentro do antigo Prado tamen hai uns cantos recunchos que o deixan a un “fóra de lugar”... un deles é a “Sala das pinturas negras” de Goya. Todo o que podería falar deste lugar deixareino para outro post, pero a cita ven a conto da fascinación que Bacon sentía polo autor daquela célebre máxima: “o soño da razón produce monstros”. E dende logo, parecera que Francis seguira ó pé da letra esta impresión goyesca, i é que a súa obra resulta dunha abismal singradura polas augas da psique.
A exposición quizás merecera unha posta en escea máis elaborada, menos convencional, con máis espacio e con máis información, pero tamen é certo que un sae dela sen esa sensación de sobrecarga sensorial que deixan outras, resulta unha dose de arte baconiana precisa, polo menos se un é un profano, ou case, na materia.
Gustoume, a súa pintura posúe unha intensidade tremenda, formal e conceptualmente, que te excarva, te intimida e te cuestiona...
A escuridade de Goya, a descomposición xeométrica de Picasso, a fascinación polo movemento do futurista Boccioni, pero a profundidade estética e a densidade psicolóxica dun talento único, Francis Bacon.
20090203
Inauguración
Benvid@s, agardo que vos resulte acolledor o novo espazo. Tiña pensado soltar un rollo metablogueiro, cos "cómos" e os "porqués" pero a verdade é que entre o malestar catarral típico destas datas e as gañas que teño de quitarme de enriba a mudanza pois case que vou pasar de facelo. Só puntualizar que as seccións "Escritos", "Hip-Hopteca" e "Manoel-Antonio" importeinas dende o vello blog porque quero que figuren completas... manías miñas... O da música é un capricho que sei que pode resultar molesto, se así fose apagádela no cacharriño de abaixo e listo.
Máis nada, pasade e poñédevos cómod@s, coa vosa presencia "Estás a falarme a min" versión 2.0 queda oficialmente inaugurado.
Etiquetas:
Xeral
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

