Que eu escoito moita radio é algo ó que xa, medio en serio medio en broma, aludía noutra ocasión. Fágoo sobre todo á mañá e polas noites. Debido ó tarde que chego a casa, non adoito a acostarme antes da unha e media ou dúas da mañá, e teño por costume conciliá-lo sono cun pinjanillo adherido ó meu pavillón auditivo (case sempre remata por desprenderse claro, pero para entón xa estou dormido). A cuestión é que nesa franxa horaria tampouco hai moito onde elexir (enténdaseme, non hai moito onde elexir en xeral a todo-los niveis mediáticos, pero nesa franxa menos) pero curiosamente é nesa franxa, en concreto entre a unha e as tres da noite, cando se emitía o mellor programa radiofónico que eu teño escoitado ata o de agora:
“La noche menos pensada”
Emitíase en RNE e, nomes aparte, o feito é que constituía un dos poucos reductos adicados á reflexión crítica da actualidade política, científica e artística dende un punto de vista realmente profundo e aberto, algo do que non se pode gabá-lo entramado mediático xeralista, nin moito menos. Pois ben, cara ó mes de setembro pasado, da noite á mañá, e sen aparente explicación, “La noche menos pensada” desapareceu da parrilla de RNE para cederlle o oco a....”Afectos en la noche”.... Podería facer unha descrición máis precisa sobre o contido do programa pero dáme a impresión de que a través do nome xa vos faredes unha idea... por ser gráfico direi que é como estar lendo un libro de Clarice Lispector para ó pasar páxina atoparte cun texto de Corín Tellado... ou algo así... en fin, que eu sígoo escoitandoo porque o necesito para dormirme, senon éntrame o mono, e porque aínda que pareza incrible, o demais segue sendo pior, pero ás veces é que non podo evitar poñerme dunha mala hostia tremenda ó pensar no bombardeo de banalización co que están a someter ás nosas neuronas e por ende ás nosas capacidades e aspiracións.
Por iso, encoméndovos a que, alo menos, lle botedes un vistazo a esta páxina, e que, aínda que non vaia moito con vós, se vos animades a firmar no manifesto que nela se expón sería xenial.
5 comentarios:
Houbo noites que eu tamén escoitei ese programa. Dende logo, o mellor da franxa nocturna.
Xa firmei o manifesto, a ver si vale para algo.
Boas, pois xa tiña visitado o teu blogue, mas antes da mudanza. Mañá volvo para te ler en condicións, hoxe é "sábado noite" e há dificuldades engadidas.
Saúdiños e merci pola visita
Voilà, hoxe volvo, quedouche chula a presentación desta nova versión, só que a conexión aquí é cativa e o fondo vese todo branco, non chega a descargalo (onte si que o vin completo)
Un saúdo, e o caos aguántase mellor cando tes ao lado o Prado ou o Reina Sofía, e a un pasiño Galiza.
Lía hoxe nun xornal un artigo no que se dicía que unha televisión de calidade sería unha televisión que no canto de mercar a granel os dereitos de programas e series made in EEUU, copiase e adaptase algúns programas de radio que se fan neste país. Concordo, concordo, e concordo. Pero vai ser que non... non si?
A quen lle preocupa a calidade, o que conta son os índices de audiencia, e os índices de audiencia son doados de adestrar, hai que pensar que un programa de calidade precisa de xente intelixente que o leve a cabo, e a xente intelixente.... sempre acaba por dar problemas... pensan, e tragan mal as rodas de muíño.
A mente que ideou ese título, quedou derreada de tanto pensar, seguro.
Raposo eu tampouco teño moitas esperanzas pero polo menos intentarase. Un saúdo
Cambiei o fondo a negro Rui, por se che ocore noutra ocasión que non che dificulte tanto a lectura.
E si, o caos evapórase ó contacto coa arte e ás veces ata se deixa retratar.
As canles privadas farán o que lles pete, son privadas, mais as públicas deberían ter en conta valores formativos e informativos moito máis rigorosos que aquelas, o seu é un servicio, o daquelas, un negocio. É así de simple, soio que xa está todo intoxicado pola profunda vacuidade que implica o "afán de lucro".
Saúdos Doc!
Publicar un comentario