20100308

Monet e a abstracción.

A outra mañá dinme un paseo ata a Fundación Caja Madrid para ver, de maneira gratuita (a ver canto dura iste "privilexio"), a pequena parte da macroexposición que sobre Monet están a facer no Museo Thyssen. A expo indaga nas orixes da abstracción aludindo a obras do pintor francés, e establecendo paralelismos entre cadros seus e doutros pintores. Cadros de coetáneos como William Turner, ó que xa coñecía e do que gusto especialmente, influencia para Monet na súa exploración da disolución de formas e cores, e tamen obras de artistas posteriores, contemporáneos, como Mark Rothko, De Kooning ou Jackson Pollock, xa parte íntegra e activa do movemento abstracto e aparentemente mentados por Monet.
A verdade é que semella unha exposición moi fermosa, pero, esta pequena parte que reside na Fundación Caja Madrid, probáblemente sexa a parte máis aburrida, xa que se concentra sobre todo nas pinturiñas de motivos vexetais que o artista fixo nos impresionantes xardíns da súa "humilde" casiña en Giverny, mentres o resto da humanidade se mataba na 1ª Guerra Mundial, e que, particularmente, me deixan un pouco frío. Ademais, nin Sam Francis, nin Joan Mitchell (que son dos que máis número de cadros se aportan) me pareceron evocadores máis alá da súa composición. Neste aspecto, si que me alegrou descubrir a faceta "paisaxista" de Gerhard Richter, un artista do que souben este vran grazas a unha fascinante e fermosa (fermosa e fascinante polo contido claro, formalmente era sosísima) exposición.
Dito esto, si, parecen quedar demostradas (dito esto dende a miña "profanía") apreciacións pictóricas que poidan considerarse enxendro do xénero abstracto; hai cadros da serie das "plantas acuáticas" (nenúfares, nympheas, glicinas) que son pura abstracción, ou case, e que me parecen o tramo máis fermoso e suxerente da mostra, i é que, tamen nas series dos "sauces" e da "ponte xaponesa" hai momentos moi experimentais neste sentido, mais tamen é certo que son HORRIBLES... ou polo menos así mo pareceron a min...
E, xa que estamos, gustariame facer referencia a un cadro que lle teño aprezo e que, penso eu, tamen se podería considerar unha precursión abstracta; a diferencia é que Goya (creo que xa mencionei nalgunha ocasión a miña devoción polas súas "Pinturas negras") pintouno dúas décadas antes que os referenciados Monet e Turner os seus... "El perro".





3 comentarios:

Anónimo dijo...

encantoume pasarme por aquí e ver esta referencia... é un cadro misterioso, non parece goya, pero é goya, non parece do seu tempo, pero é... por qué carallo faría esto? tamén a min me deixou noqueado cando o descubrín... e sen dúbida, do impresionismo á abstracción hai un camiño evidente, recoñecido polos seus deudores, por exemplo.
un saúdo,
matt cameron

ekis1331 dijo...

pois guai, matt.

rui dijo...

Ben, eu non sei de pintura, pero os normandos gústanme bastante, quizáis por ter ido moito alí, algo se pega, e ademáis, mira que pequeno é o mundo, o Monet é algo parente da família dalá.