20100302

"District 9", post-posmodernidade









e rexeneración da conciencia.



Non sei por onde comezar a falar desta obra. E digo "obra" porque, a risco de resultar esaxerado, o termo "película" antóllaseme curto; curto por excesívamente obxectual e supérfluo, cando do que estamos a falar é dunha empresa (a primeira, o cal resulta aínda máis sorprendente, que emprende o seu director novicio, Neil Blomkamp; ao amparo, eso si, dun "xigante" vido a menos como Peter Jackson) que, incluso nos seus aspectos máis tanxibles, resulta dunha "auto-trascendencia" inaudita... cómo expresalo dunha maneira máis gráfica?... si, o que quero dicir é: que todo o filmado é unha inspiración para navegarmos polos máis recentes (e incluso non tan recentes) cauces da Historia da humanidade, así como da historia do Cinema, e non ó revés, como adoita a ser habitual... o sustrato é o estrato, e viceversa.
Pero... vaiamos por partes....

Neuroloxía:
Johannesburgo, Sudáfrica, unha nave alieníxena á deriva recala sobre os ceos da cidade e permanece inmóvil sin aparente actividade. Organízase unha misión de "rescate" a través da cal os seus ocupantes, débiles e desorientados, son trasladados a terra e rehubicados nun... "Soweto".
Este acontecemento eminentemente metafórico, sirve como punto de partida para unha minuciosa e implacable disección, a través dunha sorte de "inversión de valores" Nietzscheniana aplicada ó cine de "masas", dos entramados socio-políticos que teñen definido e definen a nosa convulsa realidade planetaria. Certa actitude "naif" sobrevoa todo o filme, acentuando elementos dramáticos por contraposición, se ben, o primeiro tramo do filme adoptará un tono grotesco e frívolo abundado de humor negro, para, posteriormente, e de maneira case prodixiosa, mutante diriamos, e tamen grazas ó traballo interpretativo do protagonista, ir gañando en peso dramático de calado moi suxestivo, e que nos recordará, ineludíblemente, as opresivas atmósferas e, incluso argumentacións, do ilustre Franz Kafka... é máis, este aspecto merecería unha análise aparte pola cantidade de detalles cos que, conscientemente, o realizador establece paralelismos coa obra do autor checo.

Morfoloxía.
Articulación, unha vez máis, mutante, que irá artellando ciencia ficción, cine documental, comedia, drama, terror e thriller, nunha multiplicidade formal logradísima e fascinante pola efectividade e variedade de estilos narrativos utilizados. Neste punto, quizais se bota en falta algún recurso estético que dote de máis persoalidade e textura a un conxunto que por momentos semella algo plano na realización; dito esto, se pensamos que o presuposto manexado polo director non era precísamente alto, é comprensible entender esta carencia, i é que, probablemente necesitase a maior parte dos cartos para a realizadísima e impresionante animación dos alieníxenas. Por outra parte, explicareime no que anteriormente refería dicindo "incluso nos seus aspectos máis tanxibles, resulta dunha "auto-trascendencia" inaudita". I é que, como dicía, nas súas precisas e exhaustivas apelacións, neste caso cinematográficas, un deduce que, máis que "inspirarse", ou homenaxear, Blomkamp reivindica, de tal xeito que un está a ver a través das súas imaxes esta outra, dalgunha maneira, representación de mitoloxía do cine norteamericano de ciencia ficción: "A Mosca", "E.T", "Depredador", "Alien", "Robocop", "Encontros na 3ª fase"... curiosamente, todas estas películas plantexan, con maior ou menor brillantez, dilemas morais que se engaden á traballada proxección formal.






5 comentarios:

Mr Tichbone dijo...

Gran reseña. Metíchesme máis ganas de vela. Teño medo de que, se é que é unha boa película e "con fondo", pase á historia e á crítica como "unha de marciáns", como xa ten pasado con outras polo excesivo encasillamento en xéneros.

ekis1331 dijo...

Realmente si é unha de marciáns... quero dicir, que non renuncia á súa función puramente lúdica, pero, efectívamente ten moito máis "fondo", e dende logo, o trailer nese aspecto non é a mellor descripción, pero é que non atopei colgada ningunha escea á que remitir.

Raposo dijo...

Pásame como a Mr. Tichborne: entráronme ganas de vela.

A Raíña Vermella dijo...

Encantoume esta peli, que como ti dis fuxe de xéneros e tócaos todos. Non cae na tentación de abusar de efectos especiais, nin na de ser pretenciosamente seria... O mellor: a nave-chatarra intergaláctica pendurada sobre a cidade, e a transformación kafkiana. E lograr que os bechos feísisimos rematen por caerche simpáticos :)

ekis1331 dijo...

transformación... isa é a palabra...