Se obviamos a típica carga épica coa que gran parte do cinema norteamericano aspira a convertir a persoaxes da súa breve historia, en moitos casos carentes de calquer tipo de valor ético apreciable, en mitos "psíquicolonizadores", hei de dicir que gustei moito desta película. Nun primeiro lugar, resaltar a fotografía, non só fermosa e poética de por si, tamen afastadísima de calquera refente ó western pasado e polo tanto renovadora do xénero (algo así faría Michael Mann en "Enemigos Públicos", neste caso co xénero negro, tamen un biopic sobre un "foraxido" anque se ben unha película de moito menos calado), as interpretacións; sobre todo a de Cassey Afleck, tamen a de Brad Pitt (esta máis irregular) e os secundarios, e sobre todo, o guión; inspirado no libro homónimo dun tal Ron Hansen, pausado pero tenso e constante coma a arquitectura dunha ponte, dunha fonda densidade psicolóxica e cuxo desarrollo atrapa de principio a fin.... por outra banda, hai constantes e inxeniosas "meta-chiscadelas" referidas á interpretación e ás orixes da "7ª Arte", que alcanzan o seu apoxeo cara á fin da película, onde o "cobarde Robert Ford" se gaña a vida recreando no teatro a morte da súa víctima... gran filme.
Por certo, esquecíame doutro bo detalle, o curioso cameo de Nick Cave:
7 comentarios:
O mais curioso é esa intención que mencionas de "heroicización" de personaxes sen ningún valor heroico de por si. En realidade, o único de heroico que ten o Jesse James do filme é a psicopatía da que fai gala durante toda a peli salvo cando está coa familia, e non se entende moito por que nos ten que caer simpático. De todos xeitos, moi boa :)
É que eu creo que, a risco de pasarme tres pobos, a psicopatía é xa un rasgo psicolóxico inherente ó pobo Norteamericano, e a historia non deixa de darnos exemplos...
Non ver, non opinar, ter en conta, apuntar...
Coido que a teño por aí perdida e aínda non a vin. Xa pasarei por aquí para cando a ventile, que ten boa pinta. Saúdos!
Non defraudar Vakastolas, asegurar.
Eu non son "fan" do Western para nada Tichborne, e de feito non agardaba moito, pero paga a pena.
Hello, as you may already noticed I'm fresh here.
In first steps it's very good if someone supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks in advance and good luck! :)
Thank you so much, you´re welcome.
Publicar un comentario