No meu recente paso por Ourense o meu irmán Iago descubríume a unha moza francesa coa que aínda teño que poñerme ó día en profundidade, pero que só con esta canción me gañou intensamente, Keny Arkana, 5ème Soleil...
20100208
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Ese tipo de música non me dice moito, pero a letra é impactante e non deixa indiferente.
Apertas.
Unha moza francesa,dito así.
O sistema apesta, ¿como non concordar con iso?
A mensaxe gústame, aínda que o adoce. O que non me gusta é precisamente a falta do que pide nun intre da canción: "le entre liñas", coido que é imposible, non deixa espazo para iso, demasiadas cousas xuntas, demasiadas explicacións, pouca respiración. A música tamén fala, aquí estaba asolagada, non é unha desculpa para facer unha canción.
Pero non está mal, non.
Que pouco sabemos da música francesa, e iso que está aí a carón!
O HIpHOp é unha música un tanto fría, recoñézoo, na que é fundamental a cuestión formal no que ó "desarrollo verbal" se refire, o chamado "flow" (fluir, en inglés) e para valoralo é necesario estar un pouco familiarizado co estilo. No caso de Keny non é que innove moito nese aspecto, pero si me deixou abraiado a calidade poética e filosófica de moitos dos versos que solta. A súa é unha clara superposición de mesaxe sobre medio.
Certamente é para deterse. Grazas pola descoberta.
É un fío interesante polo que tirar e saber como se move unha parte do mundo. Agora seguirei tirando del... la rage du peuple...
Publicar un comentario