Descendín dende as cumes, baixei aos fríos eléctricos anoándome, cara ás xeadas super superficies armadas na vertixe do tempo, baixei dende a temperanza e os elementos da inocencia co zoante vento na cara, a memoria que deixara, cara o momento preciso do baleiro, e desorienteime na evidencia coma sempre, e aquí sigo, facéndome preguntas, círculos concéntricos, lenes apalpadelas baixo da impostada luminaria cegadora, aqueloutrado e alleo coma un demente, quizais menos libre.
20091225
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Benvido Ekis, aquí (neste labirinto.com) o agardabamos a paciente e máis eu. Vexo que non perdeu nada de pulso, brillantes palabras para unha aterraxe.
Unha aperta.
Grazas Doc :D
Ben que se te vexa por aquí abaixo :D
Case me rebenta a cabeza a causa da despresurización... XD
Publicar un comentario