20090212

Francis Bacon

A primeira aproximación á figura de Francis Bacon tivena a través dunha recomendable película chamada “El amor es el demonio”, de John Maybury, protagonizada por un incriblemente asemellado co protagonista, Derek Jacobi, que fai unha interpretación fantástica e ó que o acompaña no papel de seu malogrado amante George Dyer un Daniel Craig “pre-Bond” moi correcto. A inmersión cinematográfica na figura do pintor non podía deparar outro resultado que o dunha película escura, axitada, violenta, chea de poesía e carente de calquer atisbo de esperanza existencial. Fiel pois, á persoalidade e á obra de Bacon.
O Sábado fixen outra aproximación, esta máis íntima, coa pintura deste home atormentado e xenial, grazas á retrospectiva que del está a facer o Museo do Prado, un deses sitios polos que esta cidade caótica e perversa que é Madrid aínda merece a pena. E non é que sexa un especial admirador da pintura clásica que acolle, xa que aínda que resulta dunha pasmosa factura técnica, tanto retrato e tanta escea bíblica, mítica ou histórica, cánsanme... sin embargo, dentro do antigo Prado tamen hai uns cantos recunchos que o deixan a un “fóra de lugar”... un deles é a “Sala das pinturas negras” de Goya. Todo o que podería falar deste lugar deixareino para outro post, pero a cita ven a conto da fascinación que Bacon sentía polo autor daquela célebre máxima: “o soño da razón produce monstros”. E dende logo, parecera que Francis seguira ó pé da letra esta impresión goyesca, i é que a súa obra resulta dunha abismal singradura polas augas da psique. A exposición quizás merecera unha posta en escea máis elaborada, menos convencional, con máis espacio e con máis información, pero tamen é certo que un sae dela sen esa sensación de sobrecarga sensorial que deixan outras, resulta unha dose de arte baconiana precisa, polo menos se un é un profano, ou case, na materia. Gustoume, a súa pintura posúe unha intensidade tremenda, formal e conceptualmente, que te excarva, te intimida e te cuestiona... A escuridade de Goya, a descomposición xeométrica de Picasso, a fascinación polo movemento do futurista Boccioni, pero a profundidade estética e a densidade psicolóxica dun talento único, Francis Bacon.






7 comentarios:

Suso Lista dijo...

Esto está de puta madre. Sigue a contar o que che pete, que eu ei volver. Apertas fortes

Anónimo dijo...

Ás veces ata lle teño envexa aos que viven en Madrid...

Anónimo dijo...

Esta cor vaime matar. Mentres sobrevivo e me recupero lembro con morriña as visitas ao Prado.

A Raíña Vermella dijo...

Vaia, Bacon no Prado. Como non son moi fan da pintura española (que me parece un espectacular coñazo, Meninas e Lanzas incluídas) nas miñas últimas visitas á cidade xa nin fun. O que mais me gusta da exposición permanente, de todos xeitos, é o recuncho de El Bosco, o mais paradoxalmente contemporáneo de todo o museo. Goya, I'm sorry, tampouco é santo da miña devoción. Coido que sufrín unha sobredose nalgún momento do bacharelato.
P.D: dixen xa que me flipa o novo deseño?

O pastor eléctrico dijo...

Pois si, a avaría foi longa :p
Eu non son moi entendido en piontura, mais o pouco que coñezo de Bacon captou a miña atención.
Gústame o teu novo deseño, a música deume un pequeno sobresalto, pero así aumenta a emoción de navegar pola rede.
Un saúdo.

ekis1331 dijo...

Igualmente suso.

Pois iso é preocupante Doc, pero non vou ser eu quen psicoanalice a unha psicoanalista.

Tomo nota vakastolas.

Raíña ho, no Prado non só hai pinturas españolas, pero si coincido contigo no do coñazo e tamen, por suposto, no do Bosco, é incrible, o primeiro surrealista da historia do arte probablemente.

Alégrome de que che guste o aspecto do blog pastor... o da música é certo que dá sobresaltos, a min xa me ten pasado en varias ocasións (incluso comigo mesmo!!! jejeeje)

Anónimo dijo...

En realidade a quen habería que psicoanalizar sería a@s encargados da cultura neste recuncho do bordo da esquiña do fin do mundo, dende onde escribo. Ekis.

De tódolos xeitos tampouco lle nego que eu (psicoanalísta? de onde sacou iso?) precise unha ITV ou similar. Ai!!