20100213

O asasinato de Jesse James polo









cobarde Robert Ford.



Se obviamos a típica carga épica coa que gran parte do cinema norteamericano aspira a convertir a persoaxes da súa breve historia, en moitos casos carentes de calquer tipo de valor ético apreciable, en mitos "psíquicolonizadores", hei de dicir que gustei moito desta película. Nun primeiro lugar, resaltar a fotografía, non só fermosa e poética de por si, tamen afastadísima de calquera refente ó western pasado e polo tanto renovadora do xénero (algo así faría Michael Mann en "Enemigos Públicos", neste caso co xénero negro, tamen un biopic sobre un "foraxido" anque se ben unha película de moito menos calado), as interpretacións; sobre todo a de Cassey Afleck, tamen a de Brad Pitt (esta máis irregular) e os secundarios, e sobre todo, o guión; inspirado no libro homónimo dun tal Ron Hansen, pausado pero tenso e constante coma a arquitectura dunha ponte, dunha fonda densidade psicolóxica e cuxo desarrollo atrapa de principio a fin.... por outra banda, hai constantes e inxeniosas "meta-chiscadelas" referidas á interpretación e ás orixes da "7ª Arte", que alcanzan o seu apoxeo cara á fin da película, onde o "cobarde Robert Ford" se gaña a vida recreando no teatro a morte da súa víctima... gran filme.


Por certo, esquecíame doutro bo detalle, o curioso cameo de Nick Cave:




20100208

Keny Arkana

No meu recente paso por Ourense o meu irmán Iago descubríume a unha moza francesa coa que aínda teño que poñerme ó día en profundidade, pero que só con esta canción me gañou intensamente, Keny Arkana, 5ème Soleil...





20100205

Haití

Impresionantes fotografías do desastre... aquí.

20100202

Nota técnica.

Nestes días estase a levar non sei qué tipo de actualizacións e modificacións por parte de BLOGGER que están provocando alteracións diversas nos blogs, polo tanto, se o entrardes aquí vedes algo raro, ou directamente non o vedes, como no caso dos vídeos, xa sabedes a que se debe. Estas alteracións varían segundo o explorador que utilicedes.

Zack de la Rocha está de volta!





One Day As A Lion é o novo proxecto de Zack de la Rocha, cantante de Rage Against the Machine, no que conta únicamente co batería John Theodore, ex-compoñente de The Mars Volta. A súa primeira publicación consiste nun EP homónimo de 5 temas no que persiste en grande medida o sonido executado por R.A.T.M, se ben a incorporación de arranxes electrónicos e a introducción de teclados, amáis dun maior desarrollo melódico nos estribillos, lle outorgan un carácter moito máis fresco. No que ás letras se refire, Zack segue a ser Zack, non se convertíu en Chris Cornell nesta ocasión ;)