Esperto coa túa espesa sombra sobre os meus xenitais, e a vertical e punzante ausencia túa entre as febles luces da consciencia, azuis, pálidas. Vago pola casa como recordarte, divago, fago borróns sobre o tempo e o espazo, actúo sen sintaxe.
Teño frío, e supoño que a loucura ten moito que ver con isto, con acariñarte no baleiro mentres a obscuridade invade os músculos. Quérote, apretada contra o meu corpo por riba de toda significación, nun puro acto de calor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Fermoso. Fermoso.
Grazas X2
A calor voltará, ekis, voltará. A ausencia é imprescindible para darlle todo o seu significado a esa aperta de calor.
Publicar un comentario