20090330

Kafka, Os diarios

"Á fin, tras cinco meses da miña vida nos que non puiden escribir nada que me deixase satisfeito, e que ningún poder me compensará, aínda que todos se sentisen comprometidos con elo, venme a ocorrencia de falar unha vez máis comigo mesmo. Seguía dando sempre unha resposta, cando realmente me preguntaba algo, seguía existindo sempre algo que arrincar de min, dese feixe de palla que son dende hai cinco meses e cuxo destino parece ser acenderse no vrao e arder antes de que o espectador pestañexe. ¡Ogallá me acontecera esto! E que me acontecera deceas de veces, porque nen sequera me arrepinto desa época infortunada. O meu estado non é a tristura, tampouco é ledicia, nen indiferencia, nen debilidade, nen esgotamento, nen calquera outro interés, ¿qué é entón? O feito de que non o saiba relaciónase sen dúbida coa miña incapacidade de escribir. E esta coido comprendela sen coñecé-la súa causa. De feito, tóda-las cousas que se me ocorren, non se me ocorren dende a súa raíz, senon só dende algún punto situado na súa metade."

5 comentarios:

Doutora Seymour dijo...

Somos raíz dende as puntas das dedas ata a última particula do último tramo desta expiración que exhalamos agora.
No fondo tanto ten dende que punto arrinquemos.
Cinco meses de barbeito, Ekis, non de seca.

ekis1331 dijo...

De acordo Doc. Pero eu coido que aquí Kafka se refire a certo bloqueo afectivo e consecuentemente, intelectual, que lle impide "coller impulso" e elaborar, e encántame como describe esa sensación no final do párrafo e que continúa así:

"Que tente entón alguén agarralas, que alguén tente coller unha herba e retela ó seu carón, cando esta herba só medra dende a metade do talo para arriba."

Doutora Seymour dijo...

Nos gozamos agora do froito dos barbeitos de Kafka. El sufriu. Pero tiña verbas ata para dicir que a súa pluma estaba seca.
A min tamén me encanta ese parágrafo.

Acuática dijo...

Palabras para pensar. Coñezo a sensación, ese caos e tamén esa anguria. Gústame a imaxe de Kafka, e tamén a súa cando fala de fixar e buscar as sombras das ideas.

ekis1331 dijo...

Grazas Marta.