20090324

Eduardo Chillida



Hai unha certa maneira de coñecer -previa ó que chamamos coñecemento- dende a cal é posible, sen saber cómo é unha cousa, coñecela. Esta maneira de coñecer é tan aberta que admite diversas formas, sen que por iso aínda se sepa cómo é. Este precoñecemento ou aroma é o meu guía no descoñecido, no desexado, no necesario. Nunca discuto con el a priori e nunca deixo de facelo a posteriori.



Observei esta mañá, con grande intensidade, un cristal de cuarzo e cheguei a crer que se movía, que cambiaba, que vivía. ¿Non será esto certo?

¡Que lonxe do tempo dunha rosa!



O inalcanzable perfil da ponla movida polo vento.



Follas verdes, soños de ponlas que o vento debuxa cando se acaban.



Contra a orientación, a estabilidade, o coñecemento, a seguridade... Desorientación, inestabilidade, asombro (camiño cara o coñecemento).

Máis vale cento voando que paxaro en mao.



Fíxeno mellor porque non o coñecía e ía ateigado de dúbidas e asombro.



Ser escuma -soño branco da onda-, fin da respiración do mar.



A auga ensinou ó home

a non bloqueá-la horizontal.

Escoitemo-la luz para

non bloqueá-la vertical.



Non se ve sinon o que se ten xa dentro do ollo. Vese ben tendo o ollo cheo do que se mira. É bastante sinxelo, todo se reduce a aprender a preguntar.



A primeira vez que entrei en Santa Sofía, no Estambul, tiven unha visión tremenda de espacio musical... Tiña a impresión de estar a entrar nos pulmóns de Xoan Sebastián Bach.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Incítanos á reflexión.
Non podo expresar a miña concordancia coas súas palabras, só que, ás veces, déixome guiar pola intuición que me conduce polos corredores escuros do entendemento ou que a sensación que describe en Santa Sofía, lémbrame a descoberta de Santa María de Trastévere, o poder que exerceu sobre min o brillo das luces e a policromía dos retablos.

ekis1331 dijo...

É que Chillida é iso, pura reflexión; as súas "estructuras" nunca están rematadas, parecen estar sempre en constante formación e progreso, a min encántame.