20090203

Inauguración

Benvid@s, agardo que vos resulte acolledor o novo espazo. Tiña pensado soltar un rollo metablogueiro, cos "cómos" e os "porqués" pero a verdade é que entre o malestar catarral típico destas datas e as gañas que teño de quitarme de enriba a mudanza pois case que vou pasar de facelo. Só puntualizar que as seccións "Escritos", "Hip-Hopteca" e "Manoel-Antonio" importeinas dende o vello blog porque quero que figuren completas... manías miñas... O da música é un capricho que sei que pode resultar molesto, se así fose apagádela no cacharriño de abaixo e listo. Máis nada, pasade e poñédevos cómod@s, coa vosa presencia "Estás a falarme a min" versión 2.0 queda oficialmente inaugurado.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A mudanza levou o seu tempo, mais agora que vexo o resultado teño que dicir que foi un tempo moi ben empregado. Quedoulle fantástico.
Agora teño que afacerme á nova cabeceira, durante un tempo botarei en falta a antiga, pero axiña me cambio o chip.

Encanda de estar aquí, Ekis, agardando a que me sorprenda.
Un saúdo, 1331.

Anónimo dijo...

Vaia cambio! Impactante. E fermoso.

Os mellores desexos para a nova andadura. Chin, chin.

Acuática

Mr Tichborne dijo...

Vino ben bonito no meu ordenata, pero no do traballo (tamén co mozilla) a metade dereita aparece verde, fondo e texto, e é ilexible. Posiblemente sexa o trebello e non o deseño, pero se algún che di o mesmo, xa sabes.
Con todo, parabéns e sorte na nova andaina 2.0

ekis1331 dijo...

É o mesmo protagonista da antiga cabeceira Doc, só que un pouco máis crecidiño, e un tanto máis desenganado tamen... o tempo non pasa en balde... xa sabe do pracer que me resulta a súa atención, e espero seguir á altura das súas expectativas.

Secundo o brindis (de licor-café) e agradézoche os parabéns Marta. Seguimos en línea, un saúdo.
(Por certo, se quixeras facer o comentario co teu nick e que este inclúa a ligazón co teu blog non tes máis que elexir a opción nome/url, igual xa o sabías pero por si acaso ;))

Tichborne, qué é iso de trebellar no traballo macho! un pouco de profesionalidá! :))
Non, agora en serio, a verdade é que algo polo que elexín blogger é pola súa homoxeneidade formal, xa que, coa blogoteca por exemplo, pasábame que o que vía no meu ordenador (mac) difería do que vía nun pc, sobre todo a nivel de fontes de texto... en calquera caso, aínda non fixen a comprobación dende outra terminal así que tomo nota, pasareime por un ciber a comprobalo.
Grazas polos parabéns, lémonos.