20090316

Autocrítica

Anguriábame todo. Sempre fun un pouco mixiricas.


As zapatillas naic con cámara de aire, as ribuc de pamp, os putos levis cincocentosun, escoitalos a todos falar castelán naquel colexo “privado-subvencionado” no que os meus pais nos matricularan porque era o único en kilómetros á redonda que tiña comedor, a matanza do porco na casa dos avós, as findes desertas no pobo do papá, as mañáns de monte limpando a veiga, as putas mozas guapas, os putos mozos “guais”, as excursións, os campamentos de verán, os machotes e as señoritas bailando no centro da pista coma nas pelis ianquis, non comerme nada.

Sempre me sentín a salvo no retrete,

cagando.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

jajaja... xenial, macho, botei unha boa risotada... suscríboo, evidentemente...
oe, vaia blog que te montaches, eh? moitos kurtcos juapos... mola.
ben... saúdos, só era iso... de luns de luns de luns... unha aperta.

eddie vedder.

ekis1331 dijo...

Botábaseche de menos cabronetas!!

As fotografías pertencen a Last Days, a peli de Van Sant... gustoume moito...
alégrome de que che mole o blog, pásate a tomar unhas cervexiñas cando che apeteza.

Falando de Eddie Vedder, escoitei a banda sonora de "Cara a rutas salvaxes" que me recomendaras hai séculos, e encantoume.

Anónimo dijo...

si si coñezo ó gusanetas... por certo, a de milk está bastante ben, os dous actores très bien... por certo, recomendación: gran torino (peliculón, excepto pola dobraxe, mala, mala, malísima... de pena).
se che gustou o do vedder, bótalle un audio ó último de damien jurado (nada orixinal, pero con moito gusto)...

buen bloj, buen bloj... (por certo, onte escribín pero non saiu publicado... je ne sais pas pourquoi)...

un saúdo, meu.

ekis1331 dijo...

Oín falar do boa que é a do Gran Torino ese toriiito guaaapo, a de Harvey Milk estouma a descargar a ver.
Anotado o de Damien Jurado.
Tes que fixarte á hora de introducí-la clave para publicá-lo comentario, é un coñazo pero non sei cómo quitarllo.

por aquí andamos

rui dijo...

Gustoume, mesmo me sinto identificado con bastante do que contas!
Saúdos

ekis1331 dijo...

Benvido á Galiza (dende Madrid)

Zeltia dijo...

vexo que o cine está presente ata cando falas de cagar.
parece que falaras de retretes.
pero non.
nin de cine.

Zeltia dijo...

Á túa pregunta que deixaches no meu blog, acerca do significado do meu comentario, sinto dicirche que non atopei a que entrada corresponde este coment. Sen volver a lela é un misterio para min a que me podía referir. Son 6 anos! Síntoo.
Pero non creo que fose un comentario moi meditado, normalmente comento por impulso.
Se queres mándame o post ao que corresponde o comentario

Un saúdo, unha primavera máis