20100110

Escáneres invérsamente proporcionais








á súa propia función.

Así coma o final do século vinte se caracterizou, entre outras moitas cousas, pola incorporación de detectores de armas en colexos e institutos norteamericanos para evitar “masacres indiscriminadas” (porque as discriminadas teñen un pase, non ofendamos a Israel) levadas a cabo por xoves “desequilibrados” que por casualidade posúen armas de todo tipo; no final do ano 2009 o protagonismo adquiríuno a fabulosa militarización dos barcos pesqueiros europeos que faenan en “augas internacionais“, coa finalidade de evitaren posibles abordaxes de piratas somalís que actúan en ¿costas somalís?...................

Pois ben, recén comezado o ano 2010, o escáner está de moda, sobre todo o “corporal”, grazas principalmente á crecente ameaza aero-terrorista provocada por grupos islamistas radicais que, ademais de seren radicais, non permiten que emprendamos desinteresadas accións bélicas de carácter progresista nos seus territorios. Si, o escáner está de moda, e é moi probable que nos próximos anos, os punteiros laboratorios israelís subvencionados pola “comunidade internacional” rematen por desarrollar implantes oculares “escanantes” (escaneiros, escanísticos?) que nos permitan a todos, ademais de outras vantaxes (:D), a posibilidade de actuar como vixilantes da seguridade mundial. Este feito suporía o aforro dun enorme custo económico e loxístico por parte dos nosos gobernos, e a posibilidade destes de incrementar a inversión armamentística para proporcionarnos aínda máis SEGURIDADE. Nem-bar-gan-tes, isto, tamen arroxaría consecuencias negativas, como por exemplo a máis que probable desaparición da publicación Interviú.



9 comentarios:

Raposo dijo...

Interviu non, por favor, Interviu non!!!

ekis1331 dijo...

Pero se co implante ocular escanante vas flipar ho, quéixaste de vicio...

Seymour dijo...

Unha horda de exhibicionistas de nova xeración saturarán os aeroportos de todo o mundo. Tiven unha visión.

ekis1331 dijo...

Teño a sensación de que se toma a broma o artigo Doc, e iso é bastante sospeitoso... se non lle importa vou remitirlle-la súa dirección web ós servizos de manipulación informativa... por si as moscas, que non quero ver manchada a miña reputación.

Seymour dijo...

Non tal, Ekis, tomeime o artigo moi, moi, moi en serio, xúrollo!, é por iso que botei mán do sensentido do humor. Autodefensa preventiva, só iso, créame.

rui dijo...

agora antes de voar vai haber que facer unha operación de posta en forma, baixar barriga, realzar pectorais, reafirmar glúteos, todo por lucir no escáner, the new fashion!

ekis1331 dijo...

Iso por non falar das novas medidas a adoptar no referido ós aumentos de peito (e de calquera outro tipo), porque quén sabe se o que levas imprantado é silicona ou goma 2 Eco preparado para a súa explosión ante o cambio de presión, eh?

Suso Lista dijo...

Un mundo supercontrolado. Se non hai inseguridade, provócase,pra controlar mais e millor.

ekis1331 dijo...

Exacto, e o máis perverso do asunto e que camúflase a nula intención de abordá-las problemáticas atendendo á súa raíz coa toma de "solucións" superficiais que por riba son puro negocio.