20090401

Pete Rock, NY´s Finest

O pasado 2008 trouxo consigo unha morea de discazos de hip hop e algún que outro regreso agardado. Un deles, o de Pete Rock, o mestre, que voltou con "NY´s Finest", un disco que só coa súa autoría ten garantizado todo o demais. Non é un discazo, é un disco de Pete Rock e basta. Beats dos de sempre, boom-baps, scratchs, rimas de bos colaboradores que caen onde han de caer, un par de frivolités para a galería (unha ragga e outra r´n´b, que encima resplandecen), e por si fora pouco, a máis ampla e brillante versión como MC do Dj. Dous temas bastan para que a merca deste CD mereza a pena; "Till I retire" e "Best believe". El sabíao, por iso os xuntou nun mesmo vídeo.

Damas e cabaleiros, with all of you: da tru masta, Mr. Pete rock:




6 comentarios:

O pastor eléctrico dijo...

O outro día lembrei non sei por que Last Days e veume á cabeza o cabezallo do teu blog. Tendo en conta iso e o fondo, deducín (mira que espabiladiño son :D) que eras lixeiramente fan de Nirvana. O caso, que che pareceu o filme de Gus Van Sant? Eu escoitei opinións variadas, pero case todos os nirvanófilos botaron pestes dela.
A min gustoume, pero encadrándoa dentro desta sorte de filmes da morte con Gerry e Elephant. Así por separado pode ser que resulte un tanto estraña. Xa me contarás.
Un saúdo.

ekis1331 dijo...

Poooiss, si me gusta Nirvana, pero non sei se ata o punto de considerarme "nirvanófilo"... atráeme a figura de Cobain; a pesar de toda a súa carga de inxenuidade e "divinización" mediática, paréceme o máis sinceiro artista mainstream das últimas décadas, non era un xenio pero era honesto, e a honestidade non é un valor que cotice moi á alza nestes tempos de "extreme trepping".
En canto á película; non penso que sexa necesario complementala coas outras que citas (Gerry non a vin por certo, Elephant encantoume), pero é certo que Last Days en concreto é máis un exercicio de estilo (maravilloso) que unha película ó uso, en ningún caso un biopic.
Xa che digo que non vin Gerry, pero tendo en conta as outras dúas e a súa filmografía e, a falta de ver Paranoid Park, eu diría que o verdadeiro fío conductor da súa obra é, máis que a morte, a xuventude, a adolescencia sobre todo, toda a complexidade emocional que comporta, da que uns saen ben parados mentres outros quedan atrapados nela; neste sentido, a referencia máis ou menos directa a Kurt Cobain era por tanto, obligada, non só pola figura en si mesma, senon pola tremenda influencia que exerceu en tantos xóvenes.
Lémonos, saúdos.

O pastor eléctrico dijo...

Coincido contigo en grande medida.
O feito de que eu as complementase ven un pouco por ese exercio de estilo ao que fas mención, xa que me resultan moi semellantes na súa realización; sobria, fragmentaria, apenas sen máis son que o ambiente e pequenos diálogos... coa problemática identitaria e a anguria xuvenil que desenboca na morte. Mortes que son, ademais, impactantes. A presenza desa especie de néboa mesta convírteas en frías sen chegar ao lúgubre. A min deixoume o corpo frío a verdade, ainda que máis Elephant.
Eu tampouco o consideraría un biopis, sobre todo porque o propio Van Sant evitou que así fose por medo ás posíbeis (e probabeis) demandas.
A adolescencia penso eu que nos filmes de Van Sant acha o conflicto na apertura a un mundo prototípico adulto e na dificultade de adaptación do diferente, en moitos casos por cuestión sexual. No caso de Last Days penso que a cuestión principal é o desexo de liberdade frustrado polo feito de buscalo, a música condeouno a non poder ser anónimo, a ansia de liberdade para expresarse tórnase na súa contra e convírtese nun cárcere.

ekis1331 dijo...

É certo que hai unha sorte de interconexión formal e de fondo, pero no caso de Last Days a abstracción narrativa en favor da evocación poética é moito máis acusada, e extráname moito que houbese outra intención en Van Sant (a dun biopic) que non fose a materializada a verdade, pero pode ser.
Por outra banda, estou totalmente de acordo na túa referencia á adolescencia "vansantiana" como "o conflicto na apertura a un mundo prototípico adulto e na dificultade de adaptación do diferente", no que xa discrepo algo e no da "cuestión sexual", eu non percibo que lle conceda unha especial relevancia a este factor.
Por último, estou de acordo coa túa lectura da película se entramos a valorala identificando ó persoaxe con Cobain, pero sinceramente creo que se pode prescindir por completo desa referencia. Ó meu entender, a película gravita sobre o eixo da incomunicación, tanto a nivel "interno" (argumental) como "externo" (formal), e fai fincapé nas dificultades e carencias que pode supor.
Un pracer, saúdos!!

Anónimo dijo...

hostia, tío, que sorpresón máis agradableeeee..... estaba a mirar o teu blog, e tal, vaixa, le un pouco, e tal e cal.... e empeza a soar .... kyussss!!!! e un temazo que me flipa.... joder, xa me alegraches a mañá....

ta outra...

kyuss rules!

ekis1331 dijo...

Saúdos dende o "noso" Ourense, por aquí ando estes días.