20090305

¿Linkin Park? Veña ho, non fastidies...

Ano ´92. Algúns meses despois da virulenta revolta de Los Ángeles derivada do caso Rodney King, Rage Against the Machine irrumpen na escea musical cun dos discos máis combativos e innovadores de finas do século XX, misturando insólitamente o estilo vocal do rap coa contundencia do metal; por outra banda, Ice-T, entón archirecoñecido MC, cunha das máis sólidas carreiras discográficas do Hip-Hop, sae ó mercado con Body Count, unha banda que el describiría como de “speed metal” íntegramente formada por músicos negros, algo que incluso actualmente é difícil de atopar, e que tería unha enorme repercusión ademais de pola tremenda calidade do seu primeiro disco, grazas ó polemiquísimo tema "Cop Killer", inspirado precísamente nos sucesos citados ó comezo.

Ano ´93
. Sae ó mercado "Judgement Night", unha banda sonora absolutamente impresionante para unha película completamente anodina e mediocre protagonizada por Emilio Estévez e Cuba Gooding Jr. A calidade do disco estaba fundamentada na presencia de grupos tan recoñecidos (algúns anos despois máis que entón e viceversa, pero moi recoñecidos en calquera caso) do mundo do Rock e do Hip-Hop como Slayer, Run D.M.C, Faith no More ou House of Pain... pero a verdadeira audacia do disco consiste en que estes grupos pertencentes a aquelas dúas esferas musicais, non facían aparicións por separado, senon que se xuntaban entre si para misturar estilos e persoalidades, así, Cypress Hill facía unha canción con Pearl Jam e outra con Sonic Youth, Dinosaur JR con DelthaFunk, Ice-T e Slayer, Biohazard e Onyx... algo verdadeiramente insólito e de resultado espectacular. O misterio de como unha banda sonora de tal audacia e que xuntaba para a ocasión a xente tan talentosa e recoñecida ambientaba unha película tan mala, é algo que segue a acompañarme hoxe, pero o caso é que como disco, debería estar en calquera discoteca de quen guste destes estilos musicais, e aquí van uns exemplos:



O vídeo é malísimo, advírtoo, pero o resultado sonoro da xuntanza de dous trens de mercancías como Biohazard e Onyx é dunha contundencia impresionante; os modos aloucados ó micro de Fredro e compaña, encaixan como unha luva na base de riffs suxos e batería amplísima que os Biohazard lle fabrican.







En "Just Another Victim", Helmet e House of Pain sintetízanse por obra e gracia do turntablism de maneira prodixiosa. O "prodixio" acontece entre o min. 2 e o 2"30´. Encántame esta canción:




En "Disorder", Ice-T deixa entrever as súas cualidades vocais para o Hardcore, e faino xunto a Slayer... unha espectacular a-berra-ción.




Pearl Jam e Cypress Hill? pero esto que é!! pois si, aínda que hai que recoñecer que a man de Pearl Jam se nota pouco, cédenlle inspiración e atmósfera ó, naquel entón, dúo máis macabro e reputado do hip-hop. O resultado é brillante:




"Missing Link": a mellor do disco, nunca o rock puido ser máis hip-hopeiro e viceversa, e encima soar tan ben. Os mellores Dinosaur JR co por entón debutante Del the Funkyhomosapien (Delthafunk en Deltron 3030 depois, Del a secas, agora)




9 comentarios:

Suso Lista dijo...

Pois nada, quehaberá que oílos. Saúdo

Mr Tichborne dijo...

Como o curraches, gracias polas cancións, a última é caralluda... R.A.T.M. cómense a Linkin Park con e sen patacas. E xa non digamos a enxendros coma Limp Bizkit. Clawfinger tamén molaban...

Doutora Seymour dijo...

Pois non é por amolar, pero algunha de Linkin Park.... gústame. Faint, por exemplo, é moi curriña.
Estou desterrada?

(pero...,iso non quita que vostede teña razón, e que os seus post musicais sexan abraiantes. Estou absolta?)

vakastolas dijo...

Eu supoño que hai sitio para todos (aínda que sexa lonxe, no desterro)

ekis1331 dijo...

Tichborne, se Limp Bizkit che parecían un enxendro, agarda a ver isto:
http://www.youtube.com/watch?v=UculXjdcSYs

A min parécenme moi pastelosos Doc (pasteloso=suave para gustar a máis xente e vender máis discos) pero claro, a liña entre o "impostado" e o "auténtico" pode ser moi fina.
(Que eu teño a razón dáse por suposto Doc, polo que, síntoio, queda desterrada)

O mesmo lle digo crazycows!!!

Doutora Seymour dijo...

Así, sen máis, sen penitencia, nin anestesia, nin nada???!!!
Mire que acollerse á dictadura da razón...
Canta crueldade... 1331...

ekis1331 dijo...

:D

Mr Tichborne dijo...

Sen retractarme do de antes, pido clemencia para a doutora. Os Linkin teñen un par delas con marcha. Iso si, máis lle vale non defender o seu último traballo, porque non se ten de pé por ningures.
Ekis, atento a esta versión desa cantiga que me antirrecomendas

http://www.goear.com/listen/edeb6c3/Butterfly-Cover-Richard-Cheese

ekis1331 dijo...

Bueeeno, a ver... teño que admitir que o disco que fixeron con Jay-Z, Collision Course (http://www.youtube.com/watch?v=GS8yS5ngpp4) faime un alguiño de tilín, así queee... va! clemencia aceptada.

En canto á versión que me citas dicir que lle gaña con moito á orixinal... é curioso dende logo.