20090224

Oscars

Se ben os Oscars non son, nunha alta porcentaxe, a máis precisa vara de medir das artes cinematográficas, si é indiscutible a enorme trascendencia que suscita a súa celebración e por ende, a proxección mundial que os premiados recibirán, se ben, a maioría deles, certo é que non a necesitan para nada. Así, alégrome que unha desas horteras figuriñas caese, por segunda vez, nas mans de Sean Penn, un tipo que me parece un actorazo. Como tal, xa nos ten deixado interpretacións descomunais, tan ou máis merecedoras dun Oscar que en Mystic River (aínda non vin a de Harvey Milk). Véñenme á cabeza títulos como; “Pena de Morte”, “Xiro ó inferno”, “Hurlyburly”, “Acordes e desacordos“, “21 Gramos”... tamen é verdade que ten certa tendencia ó histrionismo que ás veces lle resta credibilidade ós seus personaxes, pero eu polo menos, perdóollo, xa que sempre consigue implicarme dunha maneira moi intensa con todo-los desafortunados, perdedores, desequilibrados e desesperados persoaxes que interpreta. Pero en Sean Penn hai outra faceta que o alonxa da órbita elitista e anodina do planeta Hollywood, e é esa implicación social e política que procura colleitar con coherencia, non só no momento de elexir papeis, senon tamen á hora de pronunciarse públicamente... por exemplo:



“Cando tes a alguén coma George Tenet (ex-director da C.I.A.) recoñecendo no seu libro que sabía que a Administración estaba enganando á poboación norteamericana para conducilos a unha situación que está asasinando a xoves homes e mulleres desta e outras nacións, entón, George Tenet e Dick Cheney e Condolezza Rice e George Bush, deberían estar todos no puto cárcere”



Este nacho cáeme ben, é un dos pouquiños representantes dunha verdadeira noción da esquerda en USA, e non se corta en expresalo... ó mellor podía facer máis, claro, pero xa é algo, e máis aló, no epicentro do imperio.

3 comentarios:

acuática dijo...

É bo que alguén da súa proxección non teña reparo en dicir o que pensa, malia as listas negras e os anos de vacas fracas.

ekis1331 dijo...

Eu tamen o penso, tendo en conta o peso económico e psicolóxico da industria cinematográfia norteamericana no resto do mundo, a súa tremenda capacidade invasiva... postos a ser invadidos prefiro que nos invadan Sean Penns que Mel Gibsons ;)

Doutora Seymour dijo...

A min gústame ese toque lixeiramente sobreactuado que ten Sean Penn nas súas películas e nas súas aparicións públicas, transmite a paixón e o convencemento coa que fai e dí as cousas.
É un home moi lúcido e consecuente nas súas interpretacións e nas súas opinións, penso que estas dúas cousas alímentase mutuamente no seu caso.