
Pasei centos de horas "sumerso" nos versos do poeta fascinado pola súa singularidade; os suxerentes xogos tipográficos, a complexidade do seu vocabulario, o cosmopolitismo, o seu nihilismo tan retranqueiro, as fermosísimas impresións
telúricas e, por suposto, o seu inesgotable repertorio de recursos poéticos.
Non lin ata o de agora un poeta galego que me cautivara de tal xeito e poucos alleos ás nosas letras o fixeron de tal maneira.
É por isto que decidín facerlle a miña particular homenaxe a este mestre da nosa literatura inaugurando unha nova sección no blog adicada a el, na que irei postexando aqueles poemas seus que máis me emocionan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario